"Ahora Caigo, Costa de la Muerte"
08:06 07/06/16
Non se deberían permitir estas patadas ao dicionario na televisión. Así foi o momento que se viviu a pasada semana nun programa de A3, onde a produción incluía unha ilegal tradución ao castelán dun topónimo galego. Cousas que xa non pasan en ningunha parte da península cos Girona ou Lleida, en Galicia temos que seguir escoitando Orense, La Coruña ou "Costa de la Muerte", como lle aconteceu a esta concursante, que sabía o único nome oficial da nosa comarca, pero que non caía na conta de semellante exercicio de ignorancia da produción do programa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- A Mesa pola Normalización.