Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Aloumiños e USC preparan o Programa de Educación Familiar e Solidarización para a diversidade

Aloumiños e USC preparan o Programa de Educación Familiar e Solidarización para a diversidade

Mentres esperamos polo Festiva Inclusión deste domingo, xa podemos ir preparándonos para a nova proposta da xente de Aloumiños. A entidade, prepara coa Universidade da Coruña o “2º Programa de Educación Familiar e Socialización para a diversidade”, ao que están chamados todos os pais e nais así como calquera persoa interesada.

Será un interesante foro, como se demostrou o pasado ano, no que ademais dunha asistencia moi grande aos actos tamén puidemos palpar o interese e incluso a necesidade de que especialistas respondan a preguntas que a nós sempre nos fixemos e compartir medos e situacións do día a día, dándote conta que non che están a pasar so a ti, se non que é algo que alguén xa viviu antes e que virá xente detrás que lle vai a pasar o mesmo.

O programa desenvolverá 7 actividades entre o vindeiro 26 de febreiro e o 17 de xuño.Os actos desenvolveranse os venres no Forum Carballo ás 19:30 h.

Programa Alouminos e USCde Educacion e Solidariedade

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios