Alumnos artesáns que coidan o mar
Cada día dá un paso máis o V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte. A empresa Suministros Lar segue a formar a centos de alumnos de toda a bisbarra en materia artesanal, pero ademais este ano dalle un enfoque comprometido. Ese ano os Fondos Mariños son os protagonistas, coa clara intención de sensibilizar aos mozos co mar e a súa fonte de riqueza..
Así, o pasado xoves, máis de 250 alumnos dos 8 centros participantes asistiron a unha conferencia na Casa da Cultura de Corcubión sobre os Fondos Mariños.
Os relatores son Miguel San Claudio, arqueólogo submariño especializado na investigación do patrimonio cultural submarino na Costa da Morte, e Milucho Louro representante da iniciativa Mar de Lira que avogan pola dinamización de contorna mariña.
San Claudio fixo fincapé no patrimonio cultural das nosas rías, lembrando os históricos achádegos que levan realizado nos últimos anos na ría de Corcubión. Ademais fixo un percorrido pola historia da bisbarra a través dos tesouros submariños. Milucho falou das experiencias da Confraría de Lira da que é Secretario en diversificación da vida mariñeira, e que a colocan na vangarda mundial. Así a necesidade de coidar o noso mar foi a nota predominante da charla.
Unha vela e 8 barcos
Se ben os centros de Aspadex e Apem de Cee e Íntegro de Cabana tamén presentarán a a súas obras, son 8 os centros educativos participantes: IES da Costa (Colegio Manuela Rial Mouzo, Cee; IES Fernando Blanco, Cee; IES Agra Raices, Cee; IES Terra de Soneira, Vimanzo; IES Maximino Romero de Lema, Baio; IES Monte Neme, Carballo; IES A Picota, Mazaricos; CPI Cabo da Area, Laxe)
E o formato de mural que terán que traballar será unha peza de formigón de 1.000 Kg de peso en forma de Vela dun barco, suxeito cunha peza de ferro en forma de Ombreiro de Mar, e cunha varillas de ferro simulando os cabos de sujeción das velas.
Novas relacionadas
- Os Fondos Mariños serán os protagonistas V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- Un longo proceso de formación.
- 8 centros educativos e 3 asociacións de discapacitados participan no V Concurso de Murais Costa da Morte.
- Cabazas, bruxas, pantasmas e curuxas para o Samaín de murais de Zas.
- Concurso 2012: Arrinca o curso e ponse en marcha o V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- IV Concurso 2011: Os institutos de Cee, Zas e Muxía acaparan os premios do Concurso de Murais de Azulexo de Lar.
- O Azulexo toma a palabra.
- O Concurso de Murais de Lar asalta a tele.
- Os alumnos de Aspadex e do IES Fin do Camiño fanse artistas con Lar.
- Lar segue formando pequenos artistas co Concurso de Azulexos.
Máis novas
- O longo proceso de creación dun Mural de Azulexo no IES de Baio.
- III Concurso de Murais 2009: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais 2009: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
Fonte
- Nota de prensa de Suministros Lar da man de Tatiana Rodríguez.