Aprendendo a ser actor, director, maquetador...
Impresionante a oferta formativa no marco do Carballo Interplay. Unha aposta decidida do Concello de Carballo polo audiovisual. Se o Festival de webseries foi todo un éxito, xa están armando unha segunda edición moito máis ambiciosa que, de seguro, terá repercusión internacional.
Mentres, para ir preparando ao persoal, a proposta do FormaCIP está ofertando cursos formación audiovisual de vangarda. Xa foi alá o Obradoiro de Guión impartido por Enrique Lojo e Fran Carballal, e a semana pasada arrincaba o Comeza o Obradoiro de Créditos impartido por Isa Vila, destinado a dar a coñecer as técnicas necesarias para facer créditos de proxectos audiovisuais e mesmo pezas independentes animando gráficos e xogando coa tipografía.
Tamén está en marcha están os primeiros cursos, como o Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe impartido por Xacio Baño.
De ambos xa temos algunha proba documental de como está a ser:
Obradoiro con Jorge Coira
Un dos cursos que están a ser máis demandados é o “Obradoiro de dirección de actores O XOGO CO ACTOR impartido por Jorge Coira. O director e guionista de cine (18 comidas, El Año de la Garrapata, Entre Bateas…), series de TV (“Luci”, “Padre Casares”, “Pelotas”, “El comisario”, “As Leis de Celavella”, “Terra de Miranda”…), documentais (“¿Qué culpa tiene el tomate?” , “Días de Reparto”, “Chunda Chunda”) fai ademais de publicidade, videocreación e videoclips.
"Traballar cos actores, participar do seu xogo, sentir o outro lado, entender cales son as claves nas que se manexan os actores e así poder abrir unha comunicación creativa entre director e actor”.
Serán 20 horas entre o 2 e 6 de marzo, nas que, a partir de técnicas de improvisación e de traballo con texto, os directores poidan experimentar o traballo directo cos actores e romper esa barreira que, con tanta frecuencia, se establece entre estes dous mundos.
Máis obradoiros
Non será o único o de Jorge Coira. A oferta non para.
De feito, o vindeiro día 11 comeza un obradoiro de 24 horas sobre “A arte da cinematografía”, que ofrece Alberte Blanco, director de fotografía de obras como Vilamor ou Os Fenómenos.
Do 19 ao 21 de febreiro, Javi Camino de Magnetova, impartirá un Taller de vídeos musicais.
Do 24 ao 28 de febreiro haberá un Obradoiro de Vídeo experimental, novos medios e formatos, Impartido por Juan Lesta e Belén Montero.
E Marcos Nine, cineasta documental, impartirá do 9 ao 20 de marzo un Taller sobre remontaxe “Carballo Termomix”, de 25h e xa para completar todo o aprendido.
Inscricións
Poden informarse e facer as Inscriciós na web carballointerplay.com.
Máis información
Novas relacionadas
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- A formación audiovisual como saída profesional de calidade para a mocidade.
- O edificio dos 100 actos.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).