Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Argumentos para o Parque Natural Monte Pindo

Argumentos para o Parque Natural Monte Pindo
Marino FIz Manuel Sande e Vidal Romani no Simposium Monte Pindo 2014

Interesante, non podía ser doutro xeito dada a implicación e preparación dos poñentes, o III Simposium Monte Pindo. Personalidades como Mar Llinares García, Xoán Ramón Vidal Romaní e Martiño Fiz López Lindoso, tomaron a palabra neste foro de debate armado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural co claro obxectivo de colleitar argumentos para que a cidadanía se decate dos beneficios de devandita catalogación.

A Confraría de pescadores de Lira acollía esta xornada de reflexión, na que investigadores e arqueólogos afondaron sobre as claras razóns para conservar a paraxe natural, e sobre os benedicios que traería á bisbarra.

Despois da presentación falou Martiño-Fiz López, membro da Adega e da directiva da asociación organizadora, e foi o que máis afondou sobre as distintas figuras de protección no medio ambiente galego, e os beneficios socio-económicos que conlevaría.

Un dos grandes coñecedores do medio, Xoán Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Universitario Parga Pondal, falou da microfauna das covas do Monte Pindo, outra das peculiaridades do Olimpo Celta.

En clave arqueolóxica falou Antón Malde Fernández, relacionando directamente a Torre dos Mouros e o Castro de Mallou co Monte Pindo. Malde coñece ben o terreo, pois foi director arqueolóxico dos dous proxectos civís.

E finalmente, Mar Llinares, carnotá e profesora de Prehistoria da USC, tirou de Historia e lendas no Olimpo Celta, cun rato para soñar.

Mar Llinares no III Simposio MOnte Pindo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios