Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Monte Pindo Parque Natural ameaza con levar á Xunta ante a lei por non informar

Monte Pindo Parque Natural ameaza con levar á Xunta ante a lei por non informar
Eucaliptos medrando no Monte Pindo

Salta unha vez máis a Monte Pindo Parque Natural á voz pública para denunciar a falta de información da Xunta. Xa van 9 meses de silencio, dende que a entidade solicitáralle á Xunta toda a información relativa ao Consorcio polo cal o Concello de Carnota, titular da inmensa maioría deste territorio, lle outorga a xestión do Monte Pindo, e nomeadamente os gastos que a administración autonómica ten desenvolto no espazo natural que lle comprende xestionar en virtude dese convenio. Esta solicitude é compartida polo Concello de Carnota e pola CMVMC de Caldebarcos, pero da que a Xunta non quere informar.

Ata o propio Valedor do Pobo vén de admitir a trámite as denuncias da entidade veciñal, que considera qua Xunta vulnera 5 leis relacionadas coa regulación do dereito de acceso información de carácter mediambiental (Directiva 2003/4/CE, Ley 30/1992, Ley 38/1995, Ley 27/2006 e Lei 1/1995).

Xa no 2013 a Xunta negárase a informar sobre o alcance do incendio, polo que a Asociación MPPN “ entende que esta actitude pode conlevar consecuencias legais”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios