Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Encontro do Monte Pindo xa espera polo seu Trail

O Encontro do Monte Pindo xa espera polo seu Trail
I Trail Monte Pindo

Os amantes da aventura xa están pensando no máis que posible Trail Monte Pindo, que a Asociación Pedramar está preparando para realiar o vindeiro 11 de xullo do 2015, encadrado, na programación, do VII Encontro Monte Pindo. Xa o avanzábamos aló por novembro do ano pasado da man da Galicia Máxica Trail Adventure, e agora o confirman dende a vila carnotá.

Conta cun reducido grupo de persoas a meirande parte delas con ampla experiencia deportiva, e prestándose a traballar de forma voluntaria, xunto cos sempre agradecidos colaboradores de Pedramar, está levando a cabo a preparación do que será o I Trail Encontro Monte Pindo.

”Pretendemos achegar esta disciplina deportiva, a todos os nivéis de preparación física, e non só para deportistas de élite, polo que contaremos con un percorrido adaptado a todo tipo de corredores. E tamén o noso fin principal, involucrar ós máis pequenos, e para elo disporemos de probas por categorías que abarquen todo tipo de idades, dende os 6 17 anos", segundo nos contan.

Posible ruta do Trail Monte Pindo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios