sábado. 21.06.2025
El tiempo

Arranca a #prazadoslibros de Carballo

Arranca a #prazadoslibros de Carballo
O Carrabouxo foi o pregoeiro da edicion numero once da Praza dos Libros O Carrabouxo foi o pregoeiro da edición número once da Praza dos Libros de Carballo Dende hoxe e ata o vindeiro domingo, día 24, Carballo saca os libros á rúa con motivo feira #prazadoslibros; un espazo de difusión do libro e a lectura na que tamén se inclúen outras formas de expresión cultural como a música, a arte, a fotografía, a gastronomía, a ciencia... Nesta edición número once - dende que se bautiza como "Praza dos Libros" - o pregoiro foi o ourensán Xosé Lois González - O Carrabouxo - un debuxante que enche cada día as páxinas dos xornais coa súa retranca, o seu humor e tamén a súa sabedoría. Unha sabedoría que se deixou sentir no seu pregón, que espertou risos, sorrisos e mesmo gargalladas entre o público asistente. Dende Bárcenas até o Códice Calixtino, pasando polas "curas termais" que non son o mesmo que "ter máis curas", con mención especial para o recentemente falecido Agustín Fernández Paz e explicando a orixe do seu alcume, O Carrabouxo, "a perla do carballo", unha "excreción que a árbore crea como defensa" e que fai que o carballo, e, por ende, a vila de Carballo, teñan moita relación co humorista. As súas verbas foron un inmellorable punto de partida para unha Praza dos Libros que comparte "espazo co pan, co molete que nos identifica", en verbas do alcalde, Evencio Ferrero, e que estará o domingo para servir de agasallo a todas aquelas persoas que compren un libro. Programa prazadoslibros Comezaron así catro días nos que o Xardín Municipal de Carballo servirá "para escapar do fastío e da rutina", para "soñar e viaxar a través da lectura", segundo o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. A través de numerosas citas que inclúen unha actuación cada día ás 18:30 horas para nenos e nenas; pero que agocha momentos para todos os públicos e para todos os gustos, con presenza de nomes como Beningno Campos, Jorge Mira ou Donato; e con autores e autoras locais como Rosalía Fernández Rial e Xurxo Chapela. Todo iso e as sete casetas cun 10% de desconto en todos os libros coas librarías Teldy - que acode este ano á Praza por primeira vez -, Brañas Verdes, Trasgo, Roget, Ler, A lus do candil e Couceiro. O horario de apertura é de 11 a 14 e de 18 a 22 horas. Consulta aquí o programa completo da #prazadoslibros. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios