Venres. 04.10.2024
El tiempo

Artistas de toda a comarca homenaxean a Paco Souto coa exposición Luscofusco

Artistas de toda a comarca homenaxean a Paco Souto coa exposición Luscofusco
Un total de 29 artistas participan na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo - unha iniciativa da concellaría de Cultura na que colabora o colectivo Crea Formas - e que este ano converterase nun acto de lembranza e homenaxe ao poeta malpicán Paco Souto, moi vinculado ao movemento artístico carballés. “Luscofusco”, título xenérico da mostra, inclúe obras de artistas con traxectorias e modalidades moi diversas, que abranguen pintura, fotografía ou escultura, entre outras. A inauguración da exposición terá lugar hoxe, ás 21 horas, no 3º andar do Pazo da Cultura. No acto intervirán o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; algún dos artistas participantes, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Como remate, a escritora Rosalía Fernández Rial, acompañada por Serxio Moreira ao piano, realizarán unha actuación de homenaxe a Paco Souto, cuxa memoria estará presente tamén na mostra a través dunha das súas obras. Artistas “Luscofusco” inclúe traballos de Adriana Díaz, Ana García, Antón Diaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Dami Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Javier Rodríguez, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O’ Mighelo, Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Candal e, como artistas convidados, Peter Schneider e Viki Rivadulla. Presentación Rockin’ Despois da exposición, ás 22:30 horas, celébrase a festa de presentación do Festival Rockin’, que este ano medra en grupos, escenarios e datas. A Barra Bar será o escenario dunha noite de música coas actuacións de Dj Crist Andrade e DJ Jelly Billy. Por outra banda, xa está á venda a revista do San Xoán a un prezo de 2 euros. As persoas interesadas poden mercala na biblioteca do Museo, que abre de luns a venres de 9:30 a 20 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios