![]()
Foron as entidades sociais e culturais e centros educativos, xunto co Concello de Carbalo, o que vén de encher de actividades o programa para as Letras Galegas. Un programa cheo de Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música comparten protagonismo coa literatura ao longo de todo o mes de maio.
As primeiras cita serán o martes 15 no obradoiro creativo
María Victoria Moreno, unha historia de amor, a partir das 18.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa, e o 16, por iniciativa do Casino 1889, coa colaboración de Bodegas Carballo, celébrase a partir das 21.00 horas
o Festival Contra-Letras.
O 17 de maio
Para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, están previstas as seguintes actividades:
XXXVIII CONCURSO INFANTIL DE PINTURA LUÍS CALVO
Praza do Concello, 11.00 h
Organiza A. C. Lumieira
Colabora Concello de Carballo
FESTIVAL CONTRA-LETRAS
Obradoiros, xogos, brincadeiras e poesía
Entrega de premios do I Certame Poético Festas Minervais do Casino 1889
Casino de Carballo, desde ás 11.30 h
Entrada libre
Organiza Casino de Carballo 1889
Colabora Bodegas Carballo
AS LETRAS EN VOCES
Lectura pública e colectiva de obras de María Victoria Moreno Márquez
Coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e a participación de entidades culturais e centros educativos do municipio
Participación libre
Inscricións Pazo da Cultura Tfno. 981 704 300
Xardín Municipal, 12.00 h
Organiza Concellería de Cultura
TEATRO INFANTIL- CONTOS NO FAIADO
Galeatro
Xardín Municipal (Ludoteca), 12.30 h
Organiza Concellaría de Cultura
Colabora Deputación da Coruña
CONCERTO DAS LETRAS -BANDA XUVENIL DE MÚSICA DO CONSERVATORIO
Rúa Coruña, 13.00 h
Organiza Concello de Carballo
Máis datas
18 venres
PRESENTACIÓN DOS VIDEOPOEMAS
Enxeñería poética
de Ramón Sánchez
Biblioteca Rego da Balsa, 19.30 h
Organiza Concellaría de Cultura
HISTORIAS DE INVERNO. ESTREA DOCUMENTAL - HOXE QUEN BAILA?
Historia recente das festas en Soneira e Bergantiños
Espazo da Natureza de Oza. 20.00 h
Organiza Asoc. Ambiental Senda Nova
Colabora Deputación da Coruña e Concello de Carballo
PRESENTACIÓN DO LIBRO
Contos mariños de Carballo
de Xavier Maceiras
Local Social de Cances. 21.00 h
Exemplar gratuito para os asistentes
Organiza AC San Campio de Cances
19 sábado
TEATRO AFECCIONADO - VAGALUME ANIMACIÓN
Dalle ó play, Os ladróns son boa xente e Canto te quero
Auditorio Pazo da Cultura, 17.00 h e 20.30 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume
20 domingo
TEATRO AFECCIONADO - VAGALUME ANIMACIÓN
Os tres mundos e actuación do Mago Álex. O fontaneiro
Auditorio Pazo da Cultura, 17.00 h e 20.30 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume
26 sábado
TEATRO AFECCIONADO - VAGALUME ANIMACIÓN
O Testamento do Tío Nacho e O novo traxe da raíña
Auditorio Pazo da Cultura, 20.00 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume
27 domingo
XXIII ENCONTROS CULTURAIS ARUME
Foliada para CATIVOS
Local Social de Berdillo, 18.00 h
Organiza AX Arume
Colabora Concello de Carballo e Deputación da Coruña
TEATRO AFECCIONADO
VAGALUME ANIMACIÓN
Viva o teatro e actuación do Mago Álex
Auditorio Pazo da Cultura, 18.00 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume
https://quepasanacosta.gal/un-certame-de-poemas-para-recuperar-o-historico-festival-contra-letras-do-casino/
https://quepasanacosta.gal/o-maio-da-galeria-mulleres-para-conecer-a-maria-victoria-moreno-a-protagonista-das-letras-galegas/