As exposicións protagonizan a #AxendaCostadaMorte da última fin de semana de xaneiro

03:15 27/01/17

- O pazo da Cultura de Carballo acolle dende hoxe e ata o vindeiro domingo 19 de febreiro a exposición "Un mar de sensacións". Chiña e Mon Lendoiro recompilaron os poemas publicados polo Semescom no ano 2012 para darlles forma plástica. Hoxe, ás 20:30 horas terá lugar o acto de inauguración. A mostra pode verse todos os días en horario de 17 a 21 horas.
- A casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval. Baixo o título "Costa da Morte. Naufragios" Rosa Pereda e Rafael Lema recuperan as historias dos naufraxios máis importantes acontecidos nas augas da bisbarra. A inauguración terá lugar mañá sábado ás 12 horas.
- A tenda Stoupa (siuada a 100 metros do cemiterio vello de Cee) acolle unha exposición escultórica do ceense Manuel Canosa. Pode visitarse de martes a sábado en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas e os domingos de 11 a 14 horas.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño.
- O faro Vilán acolle ata o 26 de febreiro a exposición “Casa de Luz, grabados” de Mariano Castillo. Pode visitarse en horaio de 11 a 14 e de 16 a 18:3o horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- O grupo de música folk Samarúas - composto por mozos e mozas da Costa da Morte - presenta hoxe o seu 1º videoclip - "Non" - na Fnac da Coruña. O acto terá lugar ás 19 horas na praza de Lugo.
- Charla sobre Urugay en Carballo. O pazo da Cultura de Carballo acolle hoxe, ás 20 horas, unha conferencia a cargo de Marcelo Boado que falará sobre "O Uruguay actual desde a socioloxía".
- Monólogo en Cee. O pub Palacín de Cee acolle este domingo a actuación do "Padre Merino". A cita comeza ás 20:30 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)