As Fedanpas artellan unhas completas Xornadas de Atención á diversidade nas escolas
08:11 28/09/17
A primeira semana de outubro, durante os días 5, 6 e 7, a Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte organizan as Xornadas sobre a Atención á Diversidade, que se celebrarán en Carballo. Precisamente o Pazo da Cultural carballés acollían onte a presentación oficial, á que asistiron un representante do CFR (José Carlos Chas), do concello de Carballo (Evencio Ferrero), da UdC (Isabel García), e da propia Fed. ANPAs (Montserrat Canosa).
Serán 3 días de ponencias diversas, que ván dende profesores da universidade ata experiencias vitais de superación de deportistas con discapacidade. Serán unhas xornadas para “aprender xuntos”, toda a comunicade educativa (nais, pais e profesorado) para mellorar as prácticas educativas, pois as xornadas son abertas a profesores pero tamén ás familias (haberá servizo de canguraxe e catering para as crianzas e asistentes).
entres os poentes, atopamos profesores como Ana Iglesias Galdo, Raúl Fraguela ou Manuel Peralbo, ata o bo de Martín Varela Dourado, que contará a súa carreira pola inclusión a través do deporte.
Más información
Novas relacionadas
- Carballo e Ponteceso súmanse á campaña “Construíndo Diversidade” da Deputación da Coruñ.
- Aprendendo a naturalizar a diversidade dende a escola:
- Íntegro normaliza a diversidade nas escolas.
- A Costa da Morte, referente educativo na diversidade.
- Íntegro cambia de nome para abarcar toda a Costa da Morte.
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- 2012: 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Fedanpas.