As festas asaltan a #AxendaCostadaMorte

10:41 01/07/16

- Continúan as festas do San Pedro na Ponte do Porto. Hoxe toca sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén estará pola noite con Ritmo Xoven. Para o sábado serán Verano Azul e SuperFama as que poñan a nota musical, mentres que o domingo aínda queda por confirmar unha Gran Orquesta.
- Santa Comba ponlle hoxe fin a catro días de festa en honor a San Pedro. Diso encarganranse Boys Machine e macrodisco CDC.
- O porto de Muros acolle hoxe, a partir das 22 horas, a II Noite de Rock da Sala Nasmo. Actuarán as bandas locais Reacción, Archivo Adxunto e Os Desterrados e como cabeza de cartel estarán RIFF RAFF.
- A parroquia coristanquesa de Oca celebra mañá e o domingo a festa do Corpiño. Haberá misas durante os dous días e tampouco faltará a música.
- En Coucierio (Muxía) vivirán esta fin de semana as festas do Socorro. Esencia Orquesta e Blue Start encargaranse da parte musical de mañá. Mentra que o domingo a festa estará amenizada por Esencia Orquesta de novo.
- En Freixeiro, Santa Comba, celebran este domingo a Virxe do Carme. Ademais da misa haberá sesión vermú e verbena a cargo da orquesta Brujas.
- A parroquia vimiancesa de Tines honra mañá a San Antonio. Despois da procesión pola vila, haberá misa a iso da unha da tarde que lle dará paso á sesión vermú amenizada pola orquesta Panamá Band, que compartirá escenario á noite co dúo Almirante.
- Vimianzo: Todos os sábados e domingos, o concello de Vimianzo ofrece visitas guiadas gratuitas por dous dos seus espazos turísticos máis visitados: o castelo e os batáns do Mosquetín. Na fortaleza hai dúas visitas guiadas ao día; unha ás 12 horas e outra ás 16 horas. Mentras que nos batáns son ás 13 e ás 18 horas.
- Zas: o pazo das Torres do Allo abre todos os días, de luns a domingo, en horario de 11 a 20 horas. O vindeiro 10 de xullo comezan as visitas guiadas teatralizadas da man dos Quinquilláns.
- A sala de exposicións do Faro Vilán, en Camariñas, acolle dende mañá sábado e ata o 3o de xullo a exposición de pinturas "Mar de dudas" de Gosia Trebacz.
- En Carballo poñenlle este domingo o broche final ás celebracións do San Xoán coa festa do Bosque. Centos de familias e pandilla de amigos reuniranse para comer, cantar, esocitar música e convivir no bosque do Añón. Pola tarde terá lugar a tradicional baixada de Barcos de Papel.
- O domigno, a iso das 11 da mañá, partirase dende o Fieiro para subir ata o alto da Moa de Monte Pindo e unha vez alí participar na I cata de viño ribeiro.