Sábado. 12.10.2024
El tiempo

As orquestas invaden a #AxendaCostadaMorte

As orquestas invaden a #AxendaCostadaMorte
axenda costa da morte 16 17 18 xuno 2016 A ule a festa na Costa da Morte. A piques de comezar a tempada estival son moitas as parroquias da bisbarra as que esta fin de semana celebran as súas festas a ritmo de alboradas, misas e verbeneo. Ademais, o tempo (outro dos factores de maior importancia nas festas) mudará ao longo da fin de semana deixando atrás as choivas e as temperaturas baixas. Iso é que se desprende do particular parte costeiro de  4gotas.com Hoxe xa irán a menos as chuvias a medida que avance a mañá malia que continuarán as temperaturas frescas destes días. Quedará algún orballo na noite nos arredores de Malpica e moita néboa nos puntos do interior na madrugada do sábado. A medida que avance o día de mañá levantaranse esas néboas e tamén as nubes de Bergantiños. De Fisterra a Muros xa predominará o sol desde primeira hora da mañá. As temperaturas comezarán a subir nese litoral o sábado, con máximas de 20-22ºC, aínda suaves, pero xa máis agradables cas destes días. O domingo seguirá o sol, agás polas néboas matinais do interior e polas nubes da mañá entre Muxía e Malpica. As temperaturas continuarán subindo con máximas xa máis estivais, próximas aos 25ºC en Muros e nos 22-23 en Fisterra, Cee, Corcubión e Carnota. Na tarde, tanto de sábado como de domingo haberá vento norte ao sur de Fisterra, mais un bo paraventos permitirá desfrutar da praia - principalmente o domingo -. Festas Música e baile tradicional
  • I FoUliada en Mazaricos e XII festival da Muiñeira. A partir das cinco da tarde de mañá, o campo da Romaxe da Picota vibrará coa música e co baile tradicional. Ata alí despranzanse unha boa cantidade de agrupacións chegadas dende ditintos puntos da provincia para pasar unha tarde (e parte da noite) a ritmo de muiñeira.
  • Nove agrupacións de toda a comunidade participan este sábado no I concurso de baile tradicional organizado pola asociación cultural Nemeth. O certame comeza ás 17 horas e será na praza do concello de Carballo.
  • A asociación cultural Adro de Baio clausura este domingo - a partir das 18 horas - a súa escola de música e baile tradicional. A cita serán no pavillón da vila.
Sendeirismo Outras citas Fonte

Comentarios