Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Axenda completa para a fin de semana

Axenda completa para a fin de semana

Se ben hoxe venres 25 de maio a cousa está algo parada, e só temos Cine en Corme, semella que o que facemos é coller folgos para as xornadas sabatina e dominical, que veñen repletas e variadas. Pero ollo que hai citas de cine e de teatro, en galego, para os máis pequenos en Cee, Carnota, Fisterra e Corcubión

I é que podemos comezar cunha Ruta de Sendeirismo, pois hai varias para escoller pola zona, con singular interés a dos Muíños, que ademais remata en romaría.

Tamén teremos doble cita teatreira, escolar, en Laxe.
Onde tamén terán doble cita será en Vimianzo, cunha sesión teatreira o sábado e completa xornada de Baile o domingo.

Ademais, no eido cultural, cómpre destacar a presentación dun novo libro de López Abente da man da súa Fundación, que terá lugar na tarde do sábado en Muxía.
Tamén Dumbría inaugurará unha exposición, Razo fará o propio pero cun bar surfeiro, un monólogo en Muros ou

Non faltarán as festas, que xa van chegando, como as Festas do Espírito Santo de Muros, recuperadas pola mocidade.
E tampouco faltará a música electrónica, pois serán o Trío de Dj de Fisterra Brais The Nice, Pana e Fer Fisterra os que leven os platos á Disco Zona Zero o sábado pola noite.

Máis información

Fonte

Comentarios