Axenda completísima e variada para unha fin de semana soleada na Costa da Morte
Por fin temos unha fin de semana de praia na Costa da Morte, pero como nos contan os amigos de 4gotas, sempre con matices!!
A xente de Malpica e arredores para poder gozar da praia deberá desprazarse ao sur da Costa. A zona de Corcubión e Cee será a que goce de mellor tempo esta fin de semana.
O venres irá bastante calor, con máximas nesas zonas aorredor dos 30ºC. Nos arredores de Malpica haberá nubes (máis ben, néboas) na mañá e na noitiña e ademais con vento do nordés as máximas non pasarán dos 24ºC.
O sábado seguirá a calor na parte sur, pero con máis vento, as temperaturas baixarán uns 2-3ºC. Repetiranse as néboas na mañá do sábado nos arredores de Malpica.
O domingo será un día moi semellante ao sábado, con menos néboas no norte, pero con ese vento que non deixará pasar dos 22ºC en Malpica fronte os 27-28 de Corcubión, por exemplo.
Unha axenda completa
Menuda #AxendaCostadaMorte a que temos estes días. Festas, feira medieval, libros, folclore, blues, monólogos, andainas…
Así e todo, as primeiras que destacamos son as dúas xornadas de Limpeza de praias convocadas para Quilmas e Lires. Sesións ecolóxicas e medioambientais para coidar o noso entorno natural. E nesa liña, destacamos a Andaina ata a Fervenza de Castriz que artellan en Santa Comba.
Pero temos moitas máis cousas, e as Festas xa comezan a ser protagonistas. Teremos as Festas do Pilar de Suxo, os Remedios Vellos de Lira, as Festas de San Antonio en Xaviña, e o domingo arrincan as Festas de San Adrián de Toba.
E tamén en clave festexeira, pero desta volta polos pubs, a Festa da Primavera do Atallo do Muxo de Muros.
Ao longo da fin de semana veremos tamén como se porta o primeiro Mercado Medieval de Carballo, que convertirá o Barrio da Milagrosa nunha feira xeitosa, con postos de artesanía e gastronomía.
Unha das citas, sen dúbida da fin de semana, será a actuación de Pablo Carbonell na Ventana de Laxe, unha ocasión única.
Tamén vai de libros a cousa. Por Fisterra estará o creador dun método de aprendizaxe de chinés Anxo Pérez co seu “88 peldaños do éxito”. Ademais, Suso Bahamonde segue expandindo o seu segundo libro, con poesía, e música, e teremos presentación de Expansión o venres no OviOvar do Ézaro, e o sábado toca en Corcubión.
Para concerto, o que van protagonizar dous grandes da volta, como son Rafa Mississipi & Javi Turnes facendo soar a “Armónica Lewinski” no Colonial Café de Cee.
Teremos música e baile tradicional, co Festival Folclórico Nemeth en Carballo, p Festival Folclorico en Santa Comba e a actuación do grupo de danza local en Vimianzo.
Precisamente en Vimianzo pechamos, coma sempre, a fin de semana, coa representación da Escola Municipal de Teatro na tarde do domingo.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).