luns. 12.05.2025
El tiempo

Axenda Costa da Morte variada para a segunda fin de semana de xuño

Axenda Costa da Morte variada para a segunda fin de semana de xuño
Axenda Costa da Morte 8 de xuno 2013

Segunda semana de xuño e parece que baixa algo a actividade. Así e todo, na Axenda Costa da Morte traemos citas para disfrutar de cine, teatro, festas, concertos, monólogos, ou unha boa Motofesta. Pero sobre todo, a fin de semana vén marcada polo Día Mundial dos Océanos, este sábado 8 de xuño, que se representará na Costa cunha xeira de xornadas de limpeza voluntarias de praias.

Pero ademais de medio ambiente, haberá moitas cousas máis. A fin de semana comeza o venres cunha nova sesión de cine árabe en Corcubión, no marco do minifestival AMAL. Dúas citas máis para completar a noite de venres, cun monólogo de Carmen Conde en Cee e o Concerto de Brais Redonda en Sardiñeiro.

O sábado comeza a ritmo de verbena coas Festas de San Antonio de Xallas e continúa co ruido dos tubos de escape da Motofesta do Embalse da Fervenza.
A tarde do sábado terá unha cita teatreira en Vimianzo co grupo de teatro da USC, e maiso Festival do Centro Social de Cee que repetirá con música e teatro o domingo.
Poderemos pechar a noite sabatina cun Concerto no Praia do Lago de Muxía.

O domingo teremos a clásica sesión de teatro en Vimianzo coa Escola de Pasarela.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios