Axenda cultural da última fin de semana de novembro na Costa


Fin de semana marcada polo 25N, que terá moitas citas teatrais e musicais.
Para hoxe venres 25, ademais de todas as citas contra a violencia de xénero, haberá doble cita teatreira en Malpica, e Cee, esta última con sabor a música. E precisamente música farán en Muros, con este festival 25 muradán impresionante.
A xornada sabatina terá unha cita moi especial no Couto coa Xornada das Maceiras e outra en Cabana coa Noite de monólogos por Martín Varela. Ademais, Ponteceso pechará o seu ciclo de teatro. Tamén teremos a posibilidade de acodir á tradicional cita teatreira de cada domingo en VImianzo.
A música terá protagonismo en Muros co Castelo Rock Express e máis en Carballo por partida doble, sábado a ritmo de rock e o domingo a ritmo metalero.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).