Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Axenda cultural e festexeira da longa fin de semana do Pilar na Costa da Morte

Axenda cultural e festexeira da longa fin de semana do Pilar na Costa da Morte

Comezamos a golpe de xoves cunha das citas máis esperadas, a estrea da obra de Talía Teatro "O método Gronholm", que tamén se repetirá o venres, e o domingo en Vimianzo. Todo no marco do FIOT que tamén terá actividades sábado e domingo.

E propostas culturais tamén hai no Outono Pondaliano, a Presentación da Escola Poética Versus, que publican varios autores da comarca de Bergantiños.

Pero ollo, que hoxe tamén hai festas, como a da Santiña de Trasufre ou a da Pilarica da Trabe, en Tella, que convertirán Ponteceso na capital da festa toda a fin de semana.

Para o venres teremos que achegarnos a Laxe para disfrutar do concerto de Soultrack no Pub A Ventana. Outra cita musical chega o sábado ao Hotel Hórreo, nada menos que con Garson, do programa El Número 1 de Antena3.

O sábado é completo, cun completísimo Serán Musical no campo de San Roque de Corcubión, con 17 grupos de música tradicional e máis de 100 persoas apuntadas xa para xantar.

Tamén hai citas discotequeiras, como A Football Party do U.C. Cee do venres, ou a sesión co DJ Dani Veiga tamén na Discoteca Zona Zero.

E como non, para o domingo, toca teatro, tanto en Laxe co MOTA, como en Vimianzo, onde repetirán Os Talía Teatro co Método Gronholm.



Máis información

Fonte

Comentarios