Axenda dunha completa fin de semana de San Xoán


Espectacular chega a fin de semana na Axenda Costa da Morte. Fin de semana que culminará con San Xoán máxico, que nos permitirá amencer un luns festivo para descansar. Xa vimos pois todas as citas do San Xoán, que nos levan por toda a bisbarra. E hoxe facemos balance do resto de festas e actividades culturais.
E comezamos a golpe de venres coa presentación da novela de Xosé María Lema Suárez en Muxía e coa proxección dun novo filme árabe en Corcubión. Ademais, poderemos disfrutar do primeiro dos 3 concertos que presenta A Ventana de Laxe para a fin de semana, a golpe de fado; podemos rir co monólogo de Alberte Contador en Cee, e degustar a chrurrascada-concerto en Sardiñeiro, ademais de bailar nas Festas das Dolores de Gures, e do primeiro dos 12 festivais de verán, o Rockin'Praza de Carballo.
Mentres, no Faro Vilán, o venres será última oportunidade para ver e mercar as obras da artista coruñesa Clara Ares, e disfrutar coa clausura da exposición as 19:00h coa actuación musical do grupo Batmacumba. E para o sábado, o Faro acollerá I Certamen de Pintura ó aire libre "Faro Vilán" que se celebrará dende as 11:00 ata as 19:00h.
E tamén a AAVV O Rumbo de Sardiñeiro organiza ia exposición de fotografía antiga elaborada por Milagros Riveir. Está aberta ata o vindeiro día 25 de xuño durante todo o día na Casa da Cultura de Sardiñeiro.
Para o sábado recomendamos encarecidamente a Romaría dos Muíños de Caldebarcos, con sendeirismo matutino e gastronomía, música, e contos con Celso Sanmartín pola tarde. De sendeirismo tamén irán a mañá do sábado cunha ruta polo Pindo os da CTNL. Pola tarde noite teremos dúas citas teatreiras: en Vimianzo coa Escola Teté Teatro de Salto, e mais en Muxía coa escola local. Ademais, poderemos ir a fantástico concerto en Louro con ex de Siniestro, en Malpica será Fede Pérez o que faga un monólogo, e pechará a noite o Festival Electrolatino de Vimianzo.
Para o domingo, xa con cheiro a sardiñas (ou mellor a xurelo, que a sardiña hai pouca e vai moi cara...), poderemos ir de roteiro de sendeirismo por Malpica, ou achegarnos ao auténtico Mercado Ecolóxico de Quilmas.
E xa saben, que o domingo e luns temos citas para celebrar o San Xoán en todas partes, e aquí vos deixamos algunhas: San Xoán en Carballo, San Xoán no Ézaro, San Xoán en Olveira, San Xoán de Berdeogas, San Xoán no Pindo, San Xoán en Camariñas, San Xoán en Carantoña, San Xoán en O Esto, San Xoán en Fisterra, San Xoán de Sardiñeiro, San Xoán en Mazaricos, San Xoán en Grixoa, San Xoán en Ponteceso.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte prepárase para un San Xoán máis espectacular que nunca.
- Axenda festivaleira do verán 2013 na Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).