Martes. 21.05.2024
El tiempo

Axenda dunha fin de semana adicada á Muller

Axenda dunha fin de semana adicada á Muller
Pincha na imaxe para ir a www.axendacostadamorte.com

Chega o 8 de marzo e con el o Día Internacional da Muller. E son 5 as citas máis singulares esta fin de semana arredor da Igualdalde que traemos na Axenda Costa da Morte.

Comezamos o propio venres en Cee, na mesma Praza 8 de marzo, onde a Organización de Mulleres Buserana prepara unha reivindicativa xornada con tempo para os nenos, para unha concentración e para unha Festa.
Mentres, en Carballo, a Lumieira prepara a súa homenaxe a Rosalía. E en Carnota a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte inaugura unha exposición sobre a imaxe da muller na obra de Castaleo. Ademais, o domingo ten preparado un roteiro polo Pindo da man da AMPPN.
O venres tamén hai doble sesión en Vimianzo, coa exposición dun mural e a campaña da Cruz Vermalla no IES Terra de Soneira.

E para o sábado 9, e seguindo en clave de igualdade, queda a presentación do libro de Aurora Marco sobre Teresa Alvajar en Muxía, con posterior proxección dunha documental.

Hai máis citas, como un monólogo no Pindo, o 3º Festival benéfico de Adisbismur, unha nova sesión de Cine-Clube Cromático en Corcubión, ou un novo concerto da xente do Castelo Rock en Muros.

E como non, para pechar a fin de semana, nova cita cos monólogos no mes das Contadas de Vimianzo, e coma sempre a golpe de domingo, desta volta, Avelino González trae "Contos de contrabando".

Pero atentos, que a fin de semana tamén terá unha cita motorizada, como é o pasado do Rali 1000 Vistas Clásicos polo sur da bisbarra durante a mañá do sábado.


Máis información

Fonte

Comentarios