Axenda dunha nova e completa fin de semana na Costa da Morte


Nova fin de semana de maio que chega completa. Chea de cousas que facer, con cultura e festas para aburrir. Teremos tapeo, festas, teatro, concertos, andainas… todo para disfrutar dunha gran fin de semana, que chega cun tempo complicado, como nos contan os amigos de 4gotas:
A fin de semana na Costa seguirá o tempo frío e desapacible, aínda que veremos algo máis o sol que en días pasados.
O vento cambiará ao norte e os chuvascos chegarán tamén desde o norte. Polo tanto o litoral entre Muxía e Malpica se verá moito máis afectado por eses chuvascos e notarán máis sensación de frío tamén.
O venres caerán varios chaparróns nese litoral, mentres que ao sur de Fisterra é moi posible que non caia ningún a partir do mediodía.
O sábado de madrugada chegarán chuvias a toda a Costa, e se repetirán, especialmente, durante a mañá na parte norte, volvendo a quedar sen chuvias entre Fisterra e Muros (ou como moito un chuvasco illado).
O domingo volven a chegar chuvias na madrugada que se repetirían pola mañá, quedando o ceo máis limpo de nubes a partir do mediodía.
No amencer do sábado está previsto que haxa unha importante chuvia de estrelas. Falamos dela no blog, a mágoa é que na Costa será dificil vela.
E comezamos o repaso a todas as citas que temos debulladas en www.axendacostadamorte.com coa novidosa proposta do Carballo por etapas. Unha campaña na que participan 21 establecimento carballeses e no que a gastronomía é protagonista. Durante o venres, sábado e domingo os clientes poderán tomar tapas especiais por 1 euro, e con cada tapa, o público recibirá un rasca co que poderá obter máis de 1000 premios instantáneos.
Temos moitas cousas máis, e xa o venres, teremos unha doble teatral en Malpica, ás 18:00h cos cativos e ás 20:00 coa Asociación Caldeirón nun evento poético-musical. Tamén en clave de letras chega o monólogo de César Cambeiro en Corcubión. E xa coas guitarras, teremos o Concerto de Leo KCh en Cee e o Concerto de Familia Caamagno en Carballo.
Pero ademais, a noite do venres deixaranos a posibilidade de disfrutar dun par de verbenas, coas Festas do Socorro de Verdillo e as Festas de Pazos, que repetirán troula na noite sabatina.
A mañá do sábado amencerá coas botas postas, para irmos á Andaina por Corcubión, ou á Subida ao Monte Pindo. Ademais das sesión vermú das festas de Verdillo de Pazos, teremos xa pola tarde un espectáculo musical en Vimianzo coa escola municipal, e mais o evento poético-musical da Caldeirón en Malpica. Ademais, teremos Rebumbiada en Corcubión para pechar a noite con boa música.
E o domingo comeza tamén coa Ruta da Primavera e Ruta de Senda Nova polas Terras Altas de Soneira (Zas). Ademais, toca Ruta Cabalar por Muros.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).