luns. 12.05.2025
El tiempo

Axenda espectacular da fin de semana de San Pedro na #CostadaMorte

Axenda espectacular da fin de semana de San Pedro na #CostadaMorte
Axenda Costa da Morte San Pedro 2013

Cada semana nos superamos na Axenda Costa da Morte. Esta última fin de semana de xuño, que coincide co San Pedro, temos festas a barrer, teatro, monólogos, concertos, rutas de sendeirismo, feiras gastronómicas, xornadas mariñeiras, foliadas, romarías, presentacións de libros... Un sinfín de cousas que imos repasando.

E comezamos polo apartado de Festas, que neste San Pedro son as protagonistas. Comezando polas Festas de San Pedro de Muros, e seguindo polas Festas de San Pedro da Redonda, as Festas de San Pedro da Ponte do Porto, as Festas de San Pedro de Buxantes, as a href="http://antigo.quepasanacosta.gal/axendacostadamorte/?page_id=2&id=2309">Festas de San Pedro de Berdoias, ademais das Festas de Cundíns, e as Festas de Corcoesto.

Continuamos a golpe de romarías, e o facemos por Baio, pola dominical Festa da Carballeira. Tamén en Carballo terán unha cita impresionante coa Festa do Bosque, ademais das dúas noites de verbenas carballesas de venres e sábado e a noite de concertos do domingo. E que podemos dicir da V Festa d'Arxa de Cerqueda, que ademais servirá para pechalo curso da Raigañas.

Teremos tamén citas gastronómicas, coa Feira do Pan e do Pemento de Ponteceso.

Unha das máis citas máis salientables e completas da fin de semana serán as Xornadas de Pesca "Pindo Mariño", que conxugan festa, gastronomía, sendeirismo e cultura para todos os públicos. Entre as citas terá presentación da Antoloxía Poética do Monte Pindo e unha boa subida ao Olimpo Celta.

En clave de natureza, teremos tamén un par de citas co sendeirismo polos nosos tesouros: o sábado Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela e o domingo 5ª etapa do Camiño dos Faros pola impresionante ruta de Arou a Camariñas.

Non queda aí a cousa, teremos tamén un monólogo en Cee a golpe de venres; o Festival de fin de curso da Escola de Música de Baio. E como non, as citas teatreiras vimiancesas, que serven ademais para pechar 6 meses de programación continua no Concello de Vimianzo. Serán doble sesión, o sábado coa Escola de Música de Vimianzo e o domingo coa Escola de Teatro local, completando unha fin de semana que abrirá a tarde do venres coa inauguración da Exposición Municipal de arte e Palillo.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios