Axenda festexeira e cultural da fin de semana
Chega completa a fin de semana, cargada de festas, concertos e eventos culturais.
Para os máis festexeiros podemos apuntar as Festas de Corme, asFestas de San Miguel de Camelle e as Festas das Mercedes de Corcubión, con Carreira incluída.
Na quenda musical, destacamos o Concerto dos muradáns terbutalina en Carnota, un concerto en Fisterra e outro en Carballo. Tamén en Carballo estará Carlos Blanco ofrecendo a súa palabra.
Tamén terá protagonismo o Concerto polo 75 Aniversario da Banda E. Pondal, e o acto “Costa da Morte Blues", unha charla recital de Manolo Rivas en Vimianzo.
Ademais haberá unha nova e completa xornada cultural no marco dos III Encontros de Filosofía da Costa da Morte "Pensar a Voces", cunha sesión de Discoteca Transferible da man de Anxo Rabuñal, e Concerto da ROFCOM.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).