luns. 12.05.2025
El tiempo

Axenda festivaleira, mariñeira e festexeira da primeira fin de semana de xullo

Axenda festivaleira, mariñeira e festexeira da primeira fin de semana de xullo
www.axendacostadamorte.com

Parece que o tempo por fin responde, como nos apuntan os novos compañeiros metereolóxicos de 4gotas.

Así que esperemos disfrutar desta primeira fin de semana de xullo por todo o alto. E non faltarán cousas que facer. Temos música, con doble cita da Axenda Sonora da Costa da Morte, xornadas mariñeiras, festas a barrer, conferencias, exposicións...

E comezamos polas dúas citas festivaleiras, e o facemos polo Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha festa completa este sábado, con artesanía, troula, teatro e música na rúa, un festival con Luar na Lubre, e unha tremenda representación teatral da revolta irmandiña!.

Seguimos en clave musical e imos ata Razo, para estrear o I Festival Pop Up, xa en marcha dende o xoves, con música indie de primeiro nivel, ademais de moito deporte.

Deixamos grupos e pasamos ás orquestras, que imos ter ducias delas pola bisbarra. E imos coas Festas de San Pedro da Ponte do Porto, as Festas de San Antonio de Tines, ou as Festas do Rosario de Serantes, que xa empezan a golpe de venres, e que continuarán o sábado ademais das Festas do Socorro de Coucieiro.

E temos que resaltar tamén as fantásticas Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar, un compendio de exposicións, charlas, concertos, teatro... nunha vila engalanada de mar ao longo da fin de semana.

Para o sábado teremos varias citas singulares, como a Festa Africana de Mazaricos, o espectacular Festórreo de Lira, ou unha charla arqueolóxica submariña en Corcubión.

E para o domingo, ademais das festas e das xornadas muradáns, teremos tamén a opción de facer unha boa ruta de sendeirismo por Malpica.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios