Martes. 10.09.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na Costa

Axenda para a fin de semana na Costa
Pincha na imaxe para ver a Axenda da fin de semana debullada en www.axendacostadamorte.com

Fin de semana do 19, 20 e 21 de abril, con sol. Lorenzo é a mellor nova que podemos ter, polo que as primeiras citas que recollemos para a Axenda Costa da Morte son as relativas áo sendeirismo.

Empezamos pois ca Andaina por Ponteceso para a mañá do sábado, cando tamén haberá unha xornada de limpeza da praia do Pindo.
Ademais, para o domingo 21 propoñen unha subida ao Monte Pindo polo Roteiro das Peixeiras. A convocatoria está prantexada para as 16:00h.

E deixamos o sol e nos centramos nas sesións culturais, que son moitas estes días. Chega un venres completo, con sesións musicais no Mosteiro de Ozón, que se repetirán sábado e domingo. I en clave de música, poderemos disfrutar de dous concertos, cos portugueses Hot Pink Abuse en Fisterra, que tamén estarán o sábado en Carballo, e o acústico de Smoke en Laxe.
Teremos tamén a inauguración da exposición de Chelo Lema en Vimianzo, nunha nova aposta do Concello polos artistas locais.
Ademais temos doble cita de teatro en Muros, o venres coa obra infantil gañadora do Mestre Mateo "Nuncabunga", de Elefante Elefante, e o sábado coas Gaivotas Subterráneas de Artur Trillo, e os televisivos Luis Iglesia e Xabier Deive. E imposible de perder o monólogo de Avelino González en Cee, un grande do teatro galego que volve a nosa terra.
Teremos doble sesión de cine tamén, cun fin de semana dogmático en Corcubión (con proxección dun filme dogma o venres e charla o sábado) e o clásico cine de Corme que segue co ciclo adicado ao cine feminista, desta volta con "Princesas", de Fernando León.
Haberá tempo para as charlas, desta volta no Faladoiro de Carballo que este venres tratará sobre a Evolución Histórica de Carballo con Xan M. Fraga. Ademais, o Casino tamén acollerá a presentación da novela de Xosé María Lema Suárez "A Costa do Solpor", acto, que contará coa participación de Xan Fernández Carrera, Xosé Manuel Varela Varela, Manuel Bragado e o autor, e que terá lugar o venres ás 20:30h.

E para que un venres sexa completo, non podía falta a Festa, que esta vez teremos en San Fins de Cambeda, onde ademais de orquestras terán a gran actuación dos Ghañán Style coa presentación en exclusiva do vídeo do 50º Aniversario da Copa da Costa.

Para o sábado temos varias propostas ben interesantes en Muros, que ultimamente está que non para. Ás 20:00h terá lugar a Presentación da nova revista dixital "The Muros Times", despois o teatro e ás 22:00h Monólogo de Champi no local de San Xosé.
A noite do sábado podémola rematar en Vimianzo e con acento andaluz na Feira de Abril do Celme.

Para pechar a fin de semana, como non, cita dominical co teatro en Vimianzo, de novo no mes da república da liberdade, desta volta con Teatro do Morcego e "Os patios da memoria".


Máis información

Fonte

Comentarios