Axenda para pasar un Día do Apóstolo a golpe de pasodoble

03:00 24/07/17

Polo resto do país celebran o día da Patria en clave de cultura, lingua e mesmo política. Aquí na Costa da Morte gústanos celebrar o Día do Apóstolo a golpe de verbena. Así de cara a este 25 de xullo, hai unha marea de festas para disfrutar como máis nos gusta o festivo, de pasodoble en pasodoble.
Festas
- Festas do Apóstolo de Cereixo, en Vimianzo, que comezan coa Festa do Chourizo ao viño na noite do luns 24 de xullo, amezaniza polo trío Savoy e a disco móbil. O martes 25, misa e sesión vermú para rematar coa verbena. E o mércores 26, máis vermú e verbena.
- Festas do Carme e do Apóstolo de Ameixenda. Completa semana de actividades na parroquia ceesa, que comezan o martes 25 de xullo con pasarrúas, coral, pandeiretas e folk. E non paran ata o domingo.
- Festas de Loroño, Zas, chegan cunha gran verbena na noite do luns 24 coa Olympus, e un martes de sesión vermú e pasarrúas.
- Festas de Pasarela-Calo, en Vimianzo, con verbena de luns e sesión vermú de martes.
- Festas do Apóstolo de Berdeogas. Semana completa en Dumbría coa festa de Berdeogas de martes a xoves e festa da Familia do domingo.
- Festas de Santa Margarita de Muíño en Zas, cun martes de sesión vermú e xogos populares e un mércores de verbena total.
- Festa da Praia de Ariño. Por Camariñas, autenticamente enxebre é a Festa no merendeiro de Xaviña, chea de música tradicional.
Outras citas
- As cores da Cascada do Ézaro. Cada sábado de xullo e agosto, de 23:00h a 0:00, a fervenza iluminarase con cores fermosas. Ademais os días 24 de xullo e 14 de agosto, no mesmo horario, así como os días 2, 6 e 16 de setembro.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os domingos de xullo e agosto, ás 13 ás 17 horas Roi e Elvira conducirán as visitas guiadas teatralizadas do Castelo de Vimianzo.
- As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
- O museo Man de Camelle poderase ver ata o 15 de agosto unha exposición da escola de Arte de Vimianzo. O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
- O museo do Mar de Fisterra acolle ata o vindeiro 31 de xullo a peza que o estudo de arquitectura Creus&Carrasco levou á 15ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia. Trátase dunha maqueta de 2×1,40 m que se compón dunha base de tiras que representan o territorio con imaxes.
Máis información
Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)