Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Axenda teatreira da fin de semana

Axenda teatreira da fin de semana
Axenda Costa da Morte patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo

Primeira fin de semana de outubro e os programas culturais municipais xa se poñen en marcha. E coma sempre, co outono, as festas dan paso ao teatro (indoor, claro). Vimianzo, Muxía, Cee, Carballo, Laxe, Ponteceso... apostan polas citas teatrais para amenizar as fins de semana, e de feito, como podedes ver na Axenda Costa da Morte, as fins de semanas veñen completas para este mes.

Unha das propostas máis interesantes é o FIOT de Carballo, con sesións venres e sábado. O venres ademais na capital bergantiñá terá lugar a Festa da Estrela. As citas do venres complétanse en Cee cun monólogo.

Para o sábado, ademais de en Carballo, teremos Teatro en Muxía, Teatro en Cee, e Teatro e música combinados na Casa dos Veciños do Couto da man da Fundación Eduardo Pondal, unha das citas máis apetecibles da fin de semana, nada menos que con Badius Teatro e A Requinta da Laxeira.
Por Muros celebrarán a entrega dos Premios SORUM, con humor e glamour, mentres que en Vimianzo apostan por unha Festa Mexicana e en Carballo por un monólogo en clave Koruño.

O domingo continúa o teatro sendo protagonista, coa xa clásica proposta vimiacesa, desta volta en clave de humor; e mais en Laxe, coa apertura do MOTA.


Máis información

Fonte

Comentarios