luns. 12.05.2025
El tiempo

Axenda verbeneira da ponte do Apóstolo na Costa da Morte

Axenda verbeneira da ponte do Apóstolo na Costa da Morte
Axenda Costa da Morte 25-07-13

Non damos feito a publicar citas festexeiras estes días en www.axendaCostadaMorte.com. Última fin de semana de xullo e como non podía ser doutro xeito, a Costa da Morte ferve. Ferve de festas, sobre todo, sendo as orquestras as grandes protagonistas. Pero haberá moito máis, como un festival, un par de citas gastronómicas, unha arqueolóxica, varias camiñadas e algunha que outra cita cultural.

Fin de semana verbeneira

E as Festas son as grandes protagonistas. Comezando xa este mesmo mércores coas Festas na Honra de Santiago Apostol de Cereixo, que durarán ata o domingo. Tamén temos as Festas de Pasarela-Calo, que o mércores trae unha verbena espectacular coa Panorama e a Ciclón e festa rachada ata as 9 da mañá... Non podemos esquecer as Festas de Loroño, mércores e xoves, así como as Festas do Apóstolo de Ameixenda, que teñen como momento cumio a VII Carreira de Burros do xoves.

O xoves tamén comezan as Festas do Apóstolo de Berdeogas, as Festas do Apóstolo de Mens e mais Festas de Santa Margarita de Muíño.

Non acabamos aí, pois o sábado e domingo temos as Festas da Madalena de Louro, as Festas de Tella, e as Festas de San Clemente.

Outra clase de festas

Cómpre estar atento á Festa de Breogán, en Lira, un compendio entre unha festa gastronómica multiproduto e unha romería en toda regra.
E tamén haberá que analizar como responde o I Mercado Medieval Peregrino de Fisterra.

E unha das nosas favoritas para esta fin de semana, a Festa do Castro de Mallou, mesturando arqueoloxía, tradición e moita troula.

Nova cita festivaleira

A fin de semana ten ademais unha nova cita da Axenda sonora do verán costeiro. O VIII Festival Sereas e Piratas de Razo convertirá a praia carballesa este sábado, por segunda vez no verán, o epicentro do pop e do surf de Galicia.

Sendeirismo

Temos varias citas cos roteiros. Por exemplo, a 7ª e penúltima etapa do Camiño dos Faros, que desta volta se adianta ao xoves 25. Tamén, e seguindo en Muxía, o venres temos un Roteiro cultural por Moraime e os Muíños do Río Negro guiado por Xan Fernández Carrera.
Para o sábado temos un roteiro polo Pindo dende Cee. E para o domingo unha nova saída no marco das xornadas Camiñando por Malpica, desta volta de Xesteira ao Rego dos Muíños.

Citas culturais

O xoves 25 comezamos cunha cita paiasa co teatro na rúa de Laxe, cos "7 magníficos máis 1". Coma cada venres teremos a sesión de cine en Corme, no ciclo dedidaco á Guerra Civil, mentres que en Malpica haberá novamente dúas sesións, unha noite de cine na rúa o venres e unha noite de teatro na rúa.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios