#AxendaCostadaMorte: De romarías, verbenas e letras


Penúltima fin de semana de agosto, albíscase o final do verán pero a actividade cultural e festexeira non para. Temos, unha semana máis, a #AxendaCostadaMorte co cartel de completo. Ademais, esta fin de semana mestúranse as letras coas verbenas e os concertos, algunha cita co teatro e o cine, varias romarías das auténticas e, sobre todo, moita troula!
A golpe de xoves
E xa comezamos a golpe de xoves co comezo da Praza dos Libros de Carballo, a Olympus Festas de Eirón, o concerto dos Bakin`Blues en Cee, sesión de cine futurista en Corcubión, e concerto en clave de jazz en Laxe.
Un par de libros
E apuntamos a cita carballesa da Praza dos Libros porque convertirá durante toda a fin de semana a vila carballesa na capital das letras de toda Galicia. Presentacións, conferencias, recitais e concertos danse cita nestes 4 días de vertixe literaria.
Ademais, en Laxe tamén hai unah cita tremendamente simbólica, o Solpor Poético que terá lugar na espectacular paraxe da Praia dos Cristais a golpe de sábado, que servirá ademais para coñecer ao novo gañador do Certame de Poesía Antón Zapata.
De romaría
As verdadeiras protagonistas desta fin de semana son as tradicionais romarías. Esas festas máis tradicionais, diurnas, nas que a procesión e a devovión comparten protagonismo cos xantares familiares. Temos 3 citas tan especiais como auténticas, como son a Romaría de San Roque do Monte, en Mira, Zas, a Romaxe de Coiro, Mazaricos, e mais a Romaría de San Bartolo, en Salto, Vimianzo.
E de verbeneo
Numerosas as festas nesta fin de semana de agosto nas que as verbenas son as protagonistas. Falamos das Festas do Mar de Lira, as Festas do Mar de Malpica, as Festas do Corazón de Xesús de Sardiñeiro, as Festas do Carme de Dumbría, as Festas de Arou, as Festas de San Roque de Corme ou as propias Festas de Eirón, que devolverán a festa a Mazaricos o domingo.
Noites de concertos
Non só música de orquestras teremos estes días. Temos por exemplo sesión rapeira local no concerto de LeoKCH en Cee na noite do venres, e outro concerto o sábado.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).