#AxendaCostadaMorte dunha fin de semana medieval


Menuda fin de semana que se nos prantexa estes días na Costa da Morte, i é que temos a #AxendaCostadaMorte a rebentar. Fin de semana con protagonismo da febre medieval, pero no que as festas verbeneiras, o cine, os concertos, os roteiros, as citas cabalares, a gastronomía, as foliadas, e como non, as Carrilanas, serán tamén actores principais.
De medievo
E comezamos polas citas medievais, e non podemos deixar de facelo polo XIII Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. 3 días de música e teatro de rúa, artesanía, gastronomía... nunha das citas máis auténticas do medievo galego.
E continuamos pola mestura relixiosa-verbeneira-mariñeira-medieval de Camariñas, onde celebran as Festas do Carme xunto co II Mercado Medieval de Camariñas.
Unha de Carrilanas
A outra gran cita da fin de semana son as Carrilanas de Esteiro, Festa de Interese Turístico Nacional. Festas durante dous días, e Baixada terá o seu momento espectacular o domingo a partir das 19:00h.
Unha marea de Festas
Sen parada o verán costeiro en canto a verbeneo se trata. Comezando xa a golpe de xoves coa Festa Campestre de Santa Mariña de Coucieiro, en Muxía, ademais das faladas Festas do Carme de Camariñas que están a tope toda a fin de semana. Teremos tamén as Festas do Carme de Barizo, en Malpica, e as Festas do Carme de Mazaricos (onde por certo, xa pensan nas da Fervenza) así como as Festas de Corcoesto para o sábado. En Laxe traen un aperitivo festexeiro o domingo, o mesmo dia que se celebra unha das citas máis fermosas, a Festa da Familia de Dumbría.
Poesía, cine, música, gastronomía e monólogos
E teremos tamén citas culturais, e non podemos esquecer a segunda parte da Homenaxe a López Abente con conferencia, entrega de premio e concerto. Teremos tamén tres concertos en Laxe, un o xoves e dous o venres, así como outro concerto o sábado en Muxía. Teremos tamén unha ineludible cita en Cee co monólogo de Cándido Pazó, ou varias sesións de cine en Corme, e mais cine na rúa en Malpica. Tamén en Malpica e a golpe de sábado, toca Teatro na Rúa.
Cómpre destacar tamén o Concurso de Tortillas de Louro, como cita gastronómica da fin de semana. Mentres que en Torea, tamén en Muros, haberá o II Festival Faltriqueira, en clave de folclore.
Doble cita cabalar
E por coincidir, coinciden tamén dúas das citas cabalares máis importantes do ano na Costa. O campo de Areosa xa esta preparado para acoller a XV Rapa das Bestas de Vimianzo, con dous días de festa e un sábado moi guerreiro.
Mentres en Bergantiños, artellan tamén a golpe de sábado XX Feira-Exposición-Paseo Cabalar de Ponteceso.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).