Mércores. 18.09.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para superar o plan de sofá e peli

#AxendaCostadaMorte para superar o plan de sofá e peli
agenda cultural y festiva Costa da Morte

Ecuador de novembro e seguimos cunha apretada Axenda Costa da Morte. Festas, teatro, concertos, charlas, libros…
Todo para unha fin de semana para que non hai que descartar o plan “de sofá e peli”, como nos recomendan os amigos de 4gotas no exclusivo parte costeiro que nos mandan:
Teremos unha finde ben movida. Os chaparróns serán continuados, e o vento do sur soprará forte, e trala fronte do xoves, baixarán as temperaturas e irá fresco. O domingo será o día con menos vento e tamén cando os chuvascos sexan algo máis espaciados no tempo. Malia iso, tamén caerán.
Ollo que no venres eses chaparróns virán acompañados de treboadas durante todo o día e algún deles caerá en forma de saraiba.
O mar tamén estará bravo, cun mar de fondo do oeste o venres e o sábado con ondas entre 6 e 7 metros. O domingo baixará aos 4-5 ademais de xirar a dirección noroeste.

Volven as festas polo San Martiño

Tras varias semanas sen Festas, Polo San Martiño volve o peón ao camiño pero tamén as verbenas volven ser protagonistas. As máis grandes, as Festas de San Martiño de Lariño con dúas noites de orquesteo máximo. O venres, nada menos que a Panorama, e o sábado mexilloada e a Triunfo.

O sábado tamén poderemos bailar na Festas de San Martiño de Vilaseco.

Moito teatro

Teremos varias citas teatreiras, como manda o outono. Comezamos o venres cunha Gala de Circo en Malpica, e con teatro da casa, Aquelando Teatro, en Muros.

O sábado temos Ciclo de Teatro en Ponteceso con Talía Teatro e a súa Demolición no Couto. E tamén unha nova cita co MOTA de Laxe, que trae para o domingo dende Ferrolterra aos Ghazafellos cos seus “Contos para escagarriñarse”.

E moita música

A música tamén é protagonista. O venres comezaremos pola tarde en Muros co Concerto de Samuel Diz para os membros da escola de música. Teremos tamén un vivido concerto de Serj en Vimianzo. O sábado volve o trío Alan Acoustic Project a Cee mentres o o Celme Café ten concerto rumbeiro.

Xa o domingo, teremos doble cita coral, co IV Encontro de Corais Terra de Soneira en Vimianzo, e o Concerto Coral de Laxe.

De libros

E dúas citas para aprender. O sábado, o Simposio Pondaliano degustaranos cunha presentación de Libros da Costa da Morte coa Cova Céltica. E ademais, o Queremos Galego organiza en Carballo a presentación doutro libro moi costeiro.

O domingo a cita será en Ponteceso, coa Presentación dunha singular guía de aforro enerxético pensando na volta ao rural.

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios