Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Bieto Romero de Luar na Lubre: “Fisterra pretende ser o himno dos mariñeiros”

Bieto Romero de Luar na Lubre: “Fisterra pretende ser o himno dos mariñeiros”
Luar na Lubre neste 2105 Luar na Lubre neste 2105Bieito Romero Bieito Romero Luar na Lubre acaba de sacar un novo disco ao mercado e xa van dezaseis. Unha vez máis a prestixiosa banda de música folk coruñesa ríndelle homenaxe á Costa da Morte cun tema: Fisterra. Onte, día da presentación oficial de Extra:Mundi, tivemos a oportunidade de falar con Bieito Romero, músico fundador do grupo moi vinculado á bisbarra na que tantas veces actuou - unha das últimas foi na pasada edición da Carballeira de Zas -.  
  • QPC: Que é Extra:Mundi?
Extra:Mundi é o décimo sexto traballo de Luar Na Lubre que saiu onte, 4 de decembro, á venda e no que facemos unha homenaxe a outras terras do “mundo exterior”. Neste novo disco quixemos extender o noso repertorio a outras culturas irmáns moi similares á nosa. Así que aquí recollemos temas moi propios de Cataluña, de Euskadi, de Castela, de Asturias,,... En definitiva, con Extra:Mundi queremos facerlle unha homenaxe a outros lugares da península nos que adoitamos dar concertos e nos que sempre nos sentimos ben acollidos.  
  • QPC: Monte Pindo, Caión, Camariñas,… e agora tócalle o turno a “Fisterra”?
En todos os traballos de Luar na Lubre hai unha referencia á Costa da Morte. “O son do ar”, “Camariñas”,… porque nos sentimos moi vinculados coa comarca. Na nova peza “Fisterra” falamos de varias vilas mariñeiras, polo que pretendemos que sexa unha especie de himno dos mariñeiros. Esta canción escoitámoslla uns mariñeiros de Santa Mariña de Arou nun documental dos anos 20.  
  • QPC: Ademais da voz de Paula Rey, que outras peculiaridades podemos escoitar en “Fisterra”?
Nesta peza empregamos a instrumentación típica de Luar na Lubre; gaitas, violín, guitarra, acordeón… Mais o excepcional de “Fisterra” é a colaboración coa Coral Ruada de Ourense que, precisamente estes días, cumpre 90 anos. Esta é a primeria vez que se fusiona a música dun grupo folk como Luar Na Lubre coa dunha coral.  
  • QPC: Nos vosos concertos sempre falades da historia de cada tema que interpretades. Entón, nos próximos concertos falaredes da vila fisterrá?
Entre os temas máis demandados de Luar na Lubre están os relacionados coa Costa da Morte, así que en cada un dos concertos facemos un guiño á esta zona.  
  • QPC: Precisamente a Costa da Morte recoñeceuvos este traballo "Premio Nordés á Divulgación". Que significa este galardón para vós?
Dende logo enorgullécenos recibir este premio á divulgación e á promoción que facemos da Costa Morte en todos os nosos concertos. Estamos moi agradecidos.  
  • QPC: Cando escoitaremos Extra:Mundi en directo na Costa da Morte?
Estes días temos concertos en Ourense, Tudela, Vigo, León, A Coruña,… Polo momento non hai ningunha data pechada na Costa da Morte, pero sí que estaremos pronto.  
  • QPC: Por certo,… cal é o escenario da Costa da Morte no que máis lle gusta actuar a Luar na Lubre?
Podemos dicir que actuamos en case todos os concellos da Costa da Morte e faise difícil ter que escoller un. A riqueza natural da zona fai que cada actuación teña unha maxia especial. No 2016, Luar na Lubre celebra os seus 30 anos e faino, precisamente, nun momento no que a música tradicional galega goza dunha boa saúde.  

De promoción por R3

Aquí vos deixamos co grupo en Discópolis de Radio3.

 

Entrevistas con Luar na Lubre

Novas relacionadas

Máis información

Luar na Lubre na Costa da Morte

Fonte

Comentarios