Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Buscando á Emigración 2.0 para unha documental

Buscando á Emigración 2.0 para unha documental

Esta información podería estar perfectamente categorizado no 17º Concello da Costa da Morte, a Diáspora. I é que Asociación Alba de Groria e o xornal dixital Cadernos de Comunicación e Análise están buscando emigrantes para realizar unha documental audiovisual sobre a Nova Diáspora Galega.

"E que acontece coa mocidade que marcha de Galicia?" pregúntase a entidade. I é que os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) de 2011 publicado polo INE son preocupantes. Máis de setenta mil galegos en idade de traballar atópanse fóra de Galicia, entre eles un de cada 4 habitantes da Costa da Morte.

Emigración 2.0

Pero trátase dunha nova emigración 2.0, unha diáspora conectada a Galicia a través das redes sociais e demáis tecnoloxías da información e da comunicación e máis crítica coa realidade social e política que os seus antecesores emigrados dende finais do século XIX.

Pero, "que sabe Galicia das súas novas xeracións de emigrados? Cales son as causas e cales serán as consecuencias para a comunidade da nova emigración masiva de xente xove? Mudou o perfil de traballador que se alonxa da terra para mellorar a calidade de vida? Mantense a eterna idea do retorno á terra para construir unha Galicia dos emigrantes e dos que se quedan?"

A prol de dar resposta a estas cuestións, e a tantas outras, a Asociación Alba de Groria está leva a cabo un documental audiovisual sobre a Nova Diáspora Galega. Coa longametraxe preténdese atopar galegos residentes no estranxeiro e darlles voz, para que tanto en Galicia coma fóra da comunidade se coñezan as súas historias. Desde xeito, poderán analizar en profundidade o novo perfil de emigrante, a súa relación coa terra, o contexto en que se produce a nova onda migratoria e que repercusións ten e terá o fenómeno para Galicia. "Trátase de conectar a xente - afirma o presidente de Alba de Groria, Silvio Falcón - do país coa realidade da diáspora e viceversa. Galiza é a síntese desas dúas realidades, e non debemos esquecelo".

Un punto de encontro na rede

A asociación Alba de Groria está á difundir a evolución do proxecto a través das redes sociais e do blog documentaldiaspora.tumblr.com.
A documental levarase a cabo de xeito colaborativo e está previsto que a comunidade xogue un papel importante á hora de modelar o resultado final.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Alba de Gloria.

Comentarios