Búscanse galegos nacidos o 23 de decembro de 1950
07:08 03/02/16
Se naceches o 23 de decembro de 1950 tes moitas probabilidades de ser un dos protagonistas dun documental que están preparando para Canal+. Precisamente, mañá xoves, entre as 1o e as 11 horas, un responsable da productora estará na cafetaría do Pazo da Cultura de Carballo para atender a calquera persoa que cumpra co requisito - ou que coñeza a alguén - e que estea interesada en colaborar.
Segundo explican dende a compañía Endemol - productora do documental - do que se trata é de gravar unha serie histórica de seis capítulos onde en cada capítulo tres persoas contribuirán, coas súas experiencias, a contar a historia do país. O único que teñen en común estes tres protagonistas é naceron o mesmo día: o 23 de decembro de 1950.
Crearán así un documental histórico a partir das experiencias persoais, recordos e a visión de cada cidadán.
Máis información
- Xoves, 4 de febreiro, de 10 a 11 horas na cafetaría do Pazo da Cultura de Carballo
- Cheo total na estrea de “A Casa da Luz”
- Muxía conmemora o día da biblioteca cun documental e cunha charla de Concha Blanco
- Caderno de Bitácora, a documental que completa a triloxía do Mar de Laxe
- Laxe revivíu a loita social contra a mina co documental Tesouro de Corcoesto
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello Carballo