Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Cando o fútbol se volca ca solidariedade

Cando o fútbol se volca ca solidariedade
Xentes da SD na Cea Benefica ca Cruz Vermella Xentes da SD na Cea Benefica polos Refuxiados Sirios ca Cruz Vermella

280 persoas relacionadas co mundo do deporte volcáronse esta pasada fin de semana coa solidariedade. A colaboración entre a entidade deportiva SD Sofán e a Cruz Vermella Carballo segue acadando grandes logros, como involucrar á sociedade, e ao mundo do deporte, coa solidariedade.

280 persoas na cea Benefica polos Refuxiados Sirios en Carballo 280 persoas na cea Benefica polos Refuxiados Sirios en Carballo

Desta volta foi unha Cea Benéfica para recadar fondos para os Refuxiados Sirios, e finalmente son máis de 1500€ os que quedan no peto da Cruz Vermella carballesa preparados para cando vaian chegando os refuxiados á zona.

Ademais de practicamente todo o plantel do primeiro equipo sofanista, e de pais e nais cos seus pequenos (que non querían marchar para casa), foron moitas as personalidades que se volcaron coa iniativa.

Estiveron presentes representantes dos Concello de Carballo, Laracha e Malpica, a deputada nacional popular Marga Varela, o deputado autonómico, tamén popular, Aurelio Núñez, o director do Oncolóxico da Coruña, e como non, Matilde Anido, presidenta da Cruz Vermella e Ricardo Serrano, presi do Sofán. Houbo tamén representación de varios clubs da zona, como Cerqueda, Laracha, Club do Mar, Paiosaco, Zas e Tordoia.

Xentes da Cruz Vermalla co Bote Solidario Xentes da Cruz Vermalla co Bote Solidario

Foi o discurso de Anido o máis salientable, destacando a importancia de que a sociedade se involucre nesta clase de eventos, mesturando fútbol con solidariedade. Tamén agradeceru a colaboración coa SD, e de feito proxectouse un vídeo de presentación falando das colaboracións entre as dúas entidades, dende o terremoto de Haití, pasando polo Día das Vermellas, as axudas ao banco de alimentos… ata onte.

Sorteos na Cea Benefica da SD Sofan e Cruz Vermella polos Refuxiados Sirios Sorteos na Cea Benefica da SD Sofan e Cruz Vermella polos Refuxiados Sirios

Houbo tempo para os nenos, que gozaron cos regalos e co baile. Uns pequenos que volverán ser protagonistas este verán, coa celebración do II Torneo de Fútbol Base, patrocinado pola LFP. Todos gozaron do vídeo do primeiro torneo do verán pasado, que deixa ás claras o traballo social da SD, volcándose nos rapaces.

Xogadores e xentes do futbol na cea da SD Sofan e a Cruz Vermella Xogadores e xentes do futbol na cea da SD Sofan e a Cruz Vermella

Novas relacionadas

Fonte

comentarios