Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo abre o prazo do concurso de cachelas e do descenso do Anllóns

Carballo abre o prazo do concurso de cachelas e do descenso do Anllóns
Cachelas San Xoan e descenso do Anllons 2015 Cachelas San Xoán e descenso do Anllóns 2015 Dúas das actividades máis importantes do San Xoán de Carballo xa están en marcha. Por un lado, a asociación cultural San Xoán - entidade organizadora das Festas de San Xoán 2016 - acaba de dar a coñecer as bases do XXIX concurso de Cachelas. Segundo indican na convocatoria - publicada na páxina web do concello de Carballo - as vinte primeiras cachelas inscritas que participen no concurso e non resulten premiadas correspóndelle unha axuda de entre 20 e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta axuda. No concurso poden participar todos aqueles que o desexen. Para iso deberán inscribirse no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13 horas do 18 de xuño de 2016. Haberá un premio de 600€, un segundo de 250€, o terceiro premio será de 175€ e o cuarto de 125€. As bases indican que o xurado pode deixar deserto algún deles se o estima oportuno así como outorgar accésits por un valor de 150 € se o considerase pertinente. Descenso do Anllóns O XIX Descenso do Anllóns tamén xa está en marcha. Segundo recolle a convocatoria, as 25 primeiras embarcacións inscritas que finalicen o percorrido no tempo establecido, recibirán unha subvención por un importe de 30 €. No Descenso poderán concorrer os equipos compostos por tres ou máis membros que se inscriban no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13 horas do día 18 de xuño de 2016. Haberá 1º, 2º e 3º premio para as embarcacións máis orixinais (300, 200 e 1oo €) e tamén un primerio (200€) e un segundo (100€) para a tripulación máis simpática. Tamén haberá un premio de 100€ ás probas de habilidade: 100 € - patrocinado por Alquileres Reneymar - e un recoñecemento de 100€ á embarcación máis veloz: 100 € - patrocinado por Casa Francisco -. Na bases da convocatoria recóllese que o xurado pode deixar deserto algún dos premios e que pode outorgar accésits por un valor de 250 €. Novas relacionadas Fonte

Comentarios