Carballo escolleu a súa postal de Nadal entre máis de 1.100 peques participantes


Aí é nada. Máis de 1.100 nenos e nenas dos centros de ensino do Concello de Carballo participaron no Concurso de Cartel e Postal de Nadal municipal. Un certame que repartiu preto de 600€ en material didáctico.
Finalmente, tras moitas postais abertas e analizadas, resultou elexida como 1º Premio e gañadora da Postal de Nadal a presentada por Alberto Calleja Varela de 5 anos do CEIP Bergantiños, outorgándoselle un premio de 175 euros en libros, xoguetes educativos e diploma.
O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.
O xurado estivo constituído por alumnado dos centros de ensino, representados, neste caso por Lucia Porteiro Viña e Roque Chao Rama, do CEIP Canosa-Rus e Joel García González e Diego De La Iglesia Cruz, alumnos do CEIP San Luis Romero. Tamén participou como xurado un representante dunha asociación cultural, Manuela Rodríguez Castro, da A. C. San Cristovo, un artista local que ten gran experiencia no mundo da arte plástica, Mon Lendoiro Esmorís e en nome do Concello de Carballo a Tenente de Alcalde e Concelleira de Planificación e desenvolmento urbano, Milagros Lantes.
Novos convenios coa coa Asociación Antidroga Vieiro e outro coa ANPA A Braña do CEIP Canosa-Rus
Ademais, O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de asinar na Casa do Concello dous convenios de colaboración con dúas entidades do municipio. Así, en primeiro lugar, e xunto co presidente da Asociación Antidroga Vieiro, José Manuel Vázquez Gómez, subscribiu un acordo que ten por obxecto a realización de programas de prevención en drogodependencias, adiccións e atención da protección da saúde.
Tamén o Concello asinou coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) A Braña do CEIP Canosa-Rus, que rafiticou a súa presidenta, María Isolina Loureiro Tasende. O obxectivo deste segundo acordo é axudar ao fomento, promoción e difusión do deporte en idade escolar.
Novas relacionadas
- Gravando co artista integral.
- Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT.
Outros programas de Nadal
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
- Carnota non quere un cativo sen xoguetes.