Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre
Cando contas esto polo mundo adiante, a xente “aboia”. Porque non é normal que un Concello aposte tan decidamente por un proxecto coma este, no que os grafitis son os grandes protagonistas. O primeiro paso foi Derrubando Muros con pintura, un pioneiro proxecto municipal de humanización das rúas carballesas a base de fermosas pinturas, que ten continuidade con este Festival Internacional de Arte Pública “Rexenera Fest”, o primeiro festival internacional de arte urbana da Costa da Morte, seguindo a liña aberta hai uns anos dende Ordes coa xente de Desordes creativas.
Foi o propio Concello que se puxo en contacto co grupo Mutante Creativo para levar adiante esta novidosa iniciativa de arte urbana na rúa.
Esta semana estamos a ver mozos subidos a grandes guindastres cos seus pinceis e botes de spray. E non son calquera, son nomes de índole internacional os que están pintando os muros carballeses: o barcelonés Aryz, o italiano Pixel Pancho, o portugués BordaloII, o valenciano strong>Dulk e o compostelán nado en Almería Nömada, un dos activistas máis presentes nas rúas da capital galega, cunha especial fixación pola busca dos recunchos máis interesantes e esquecidos da cidade.
A resposta está sendo diversa. Dende moita xente que xa se achega ata Carballo dende toda Galicia, ata o veciño que se achega a preguntar "que é isto?". Pero a norma é a boa acollida, pois todos preferimos un cadro ou un graffiti que un feo muro sen vida, dos que tanto hai neste Carballo arrasado polo urbanismo salvaxe dos anos 70-80.
Agora, só temos que pasearmos por Carballo e cambiar esa cara de cabreo por mor feísmo habitual, para disfrutar do sorriso que se nos pon a ver estas obras de arte.
A TVG xa pasou por Carballo
O sábado Festa de peche na Sala Dublín
Despois de que os artistas plasmen os seus traballos, o sábado 6 de xuño haberá unha festa na Sala Dublín como peche do Rexenera. Un festival musical de balde, coas actuacións de Xenderal -veño coñecido en Carballo que xa actuou na inauguración da Biblioteca Rego da Balsa- co ragga de Check Selectah; e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, un grupo de “música negra” pero tamén moi ecléctico. A cita será a partir das 23.30 horas.Máis información
- www.rexenerafest.gal.
- As pintadas carballesas seguen derrubando muros.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).