Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España

Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España
Inauguracion do I Festival de webseries Carballo Interplay 2014 I Festival Webseries Carballo Interplay

Boa, moi boa pinta ten este I Festival de WebSeries Carballo Interplay. Unha proposta pioneira en España, que nace para visibillizar a cultura e calidade do mundo das webseries, proxectos profesionais, que necesitaban xa un Festival con todas as letras. E aí apareceu Sonia Méndez para propoñelo e o Concello de Carballo para artellalo, no marco do proxecto #QuedamosenCarballo.
Un Festival que está convertíndose en referencia no sector audiovisual galego, como o amosan a cantidade de mostras de afecto das caras máis coñecidas da tele e do teatro galego recibidas en Carballo, por exemplo nos Premios Mestre Mateo.

E se aínda non estás convencido, dende Turismo Carballo tráennos 10 motivos polos cales non podes faltar ao Festival.

Apoios ao Carballo Interplay dende o sector audiovisual galego

Colócase así a marca Carballo no sector cultural e audiovisual estatal, que continuará coa creación, en breve, dun festival irmán en Madrid. Pero antes, degustaremos na capital bergantiñá do alimento cultural das 35 propostas finalistas, das máis de 100 presentadas, nestes 4 días de Festival, entre hoxe, xoves 24, e o domingo 27 de abril de 2014. 4 días para sumerxirse no océano da libre creación web, servindo de espazo para que creadores e público unan opinións.

Así o explican na promo doutros carballeses, dos bravos de “Un sitio distinto”, tamén promocionan o certame:

Moito máis que proxeccións

O Festival, que terá varios focos de atención, pois ademais das sesións de proxeccións propiamente ditas, haberá moitas máis cousas nestes días, nun completo programa de actividades. O certame contará ademais cuns padriños de luxo, David Saez e Teresa Segura, directores da serie ”Malviviendo”, e terá como foco as sesións de proxeccións, como todos os festivais, pero contará ademais con varias charlas, actuacións, sesión vermú, e ata un festival de música, pois as noites de venres e sábado culminarán con concertos varios.

Arrincará o festival esta mesma mañá de xoves 24 ás 12:00h coa presentación dos Padriños, e xa pola tarde toca triple sesión de proxeccións no Pazo da Cultura. Entre elas, a estrea da serie creada polos mozos de Carballo participantes no festival.
O venres arrincará printo cunha mesa redonda no Forum sobre “Novas narrativas visuais na rede”, dando paso á presentación da iniciativa Freaklances Project’. Chegará a hora da sesión vermú con Crea e DJ Antón, para deixar un rato para comer e volver ás 16:00h coa cos Bloques 3, 4 e 5 das series finalistas. O mesmo venres xa ás 21:00h haberá tempo para unha estrea sorpresa e para o arrinque do festival de música na Dublin.

O sábado é o día grande, que xa comeza pola mañá coa masterclass de “Branded Content”, para aprender a difundir a nosa marca pola rede. De contado, teremos a posta en escena do proxecto Código Fonte, apadriñado por Xosé A. Touriñán. Sesión vermú co Bigote Mix e nova sesión de proxeccións antes da gran Gala dos Premios, que será presentado polas bravas Angelica e Roberta, que ademais nos explican, moi claramente, como chegar ao Festival…

O domingo, seguro de resaca, aínda haberá tempo para ver as series premiadas e dar conta do peche do festival analizando as conclusións máis positivas.

Un Completo mes de actividades

Equipo de rodaxe da serie carballesa Tonito ti eres especial no Taller do Interplay

E todo, tras un par de meses de masterclass, e dun fantástico taller para os mozos de Carballo creando a webserie “Toñito, ti es especial”:

Que non pare a música

Noite de Concertos no Carballo Interplay

A fin de semana completa, a noite do venres 25 de abril e a do sábado 26 tocan un par de boas noites de concertos na Sala Dublin. O venres será o turno dos carballeses ARABIAN EVILSApartThe Gentlemen Band.
O sábado será o tempo dos pontevedreses UnicornibotCalixta e peche con Bigote Mix.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios