Santi Romay necesita "Clases de lo Social"

18:30 21/10/13
Non para este malpicán. O actor Santi Romay non acaba unha para meterse noutra liorta audiovisual. Esta nova aventura que nos presenta agora chega en clave de serie, e de serie en castelán, tentando abrir o abano a ver se hai produtoras que se estiran e contratan ao equipo pontevedrés de "Volvemos a Primera Producciones Audiovisuales" para seguir creando máis contidos.
A web serie http://www.clasesdelosocial.com presenta a un chico con necesidades para desenvolverse socialmente. E quen mellor que Carlos Blanco ou Avelino González, o novo presi da AAAG, para darlle clases ao bo de Santi Romay para ver como se liga con Sabela Arán. Todo dirixido por Paco Cacheda.
Este é o primeiro capítulo, estaremos atentos ao resto:
Máis información
Novas relacionadas
- O FIOT homenaxea co Xograr de Outono a título póstumo a Xosé Manuel Olveira “Pico”.
- Un vimiancés toma o relevo dun ceense na directiva da Asociación de Actores e Actrices.
- 4 actores da Costa da Morte invanden a gran pantalla cunha Personal Movie.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
