Carballo leva a arte urbana ás escolas

06:55 23/11/18

Nova web
O proxecto conta ademais cunha nova páxina web na que se recolle toda a información relativa aos murais, aos artistas e á localización de cada obra para poder dispoñer dos recursos a un só clic de distanza. Esta web ten o seu reflexo na sinalización interactiva de cada obra mediante paneis in situ dotados coas últimas tecnoloxías; e coa renovación do rueiro de arte urbana, no que aparecen recollidos todos os traballos, incluídos os da última edición do Rexenera Fest. Mapa interactivo dos graffitis Ademais, a través da web poderase realizar un percorrido guiado virtual, coma se fose a audiguía dun museo dos de toda a vida. En cada mural hai un panel informativo no que constan o título da obra, o autor, o ano de creación, unha numeración por orde cronolóxica de creación do mural e un Código QR con toda a información sobre a obra artística, incluíndo un texto explicativo e imaxes da obra.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/carballo-suma-cinco-novas-obras-de-arte-a-sua-galeria-ao-aire-libre/- 2018: Carballo segue loitando contra o feísmo na cuarta edición do pioneiro Rexenera Fest.
- 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Carballo Rexenera as súas rúas cun festival internacional de arte urbano
- As pintadas carballesas seguen derrubando muros.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.