Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo pon cara de POP

Carballo pon cara de POP

Xa está aquí o XiriaPop 2011. A XIV edición deste festival carballés chega tan forte coma sempre. A Sala da Cervexería Dublín será o centro das miradas estes vindeiros venres 16 e sábado 17 de setembro de 2011, pechando a tempada de festivais da Axenda Sonora da Costa da Morte.

O plato forte do festival ten nome salvaxe: Barrence Whitfield and the Savages. Esta lenda do funk, soul e rockabilly, chega para facer saltar a toda a capital bergantiñá.
O mesmo venres estarán tamén Los Ruedas, que volven ao panorama musical. Os Soul Gestapo tamén traerán a súa fresca aposta. Esa primeira noite será aberta polos potentes alicantinos dos The Flamin'Guays, que virán cargados de ritmo e moita alma, como o seu novo disco indica.

Para o sábado 17 a noite comeza cos coruñeses Wolrus, os asturianos Feedbacks, e os The Wellintogs, que chegan dende Melbourne no medio da súa xira que pasa ata polo Xapón.
Os encargados de pechar o festival serán os madrileños Los Imposibles, outra das bandas de referencia do panorama popi español.

Non só música

O festival complétase con sesións allnighter ademais de con varias exposicións: "25 anos de Ruta 66", na Reserva e no Cosmic Pub; así como "Extra, extra, read all about it", unha escolma de prensa dos anos 60 que se poderá ver no Café Valle Inclán.

A entrada cada día custa 10 euros, mentres que o Bono para os 2 días será a 15€. A apertura de portas será ás 22:30h.

Barrence Whitfield & The Savages - Live and Interview BBC

Los Ruedas - Querida salvación

Solu Gestapo - Runnig back

Los Flaming Guays - Dame tu amor

Los Imposibles no Feltival CulturaPOP

The Wellintongs - Keep Me Holding On

Os Feedbacks no FeliPOP

Wolrus - Rock me all Night Long Again

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios