Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Casa da Cultura de Cee acolle a presentación do libro "Atlántico Norte, chamádeme Ismael" de Xosé Iglesias

presentacion-libro-cee
A cita é a partir das 20:00 horas
A Casa da Cultura de Cee acolle a presentación do libro "Atlántico Norte, chamádeme Ismael" de Xosé Iglesias

O auditorio da Casa da Cultura de Cee acolle este sábado, a partir das 20:00 horas, a presentación do libro "Atlántico Norte, chamádeme Ismael", do poeta mariñeiro Xosé Iglesias.

O traballo recolle unha lembranza ao inicio da famosísima novela de Moby Dick, de Neville. Neste novo traballo, despois do exitoso Nación mar, Xosé Iglesias segue a profundizar a través dos poemas, na súa longa e fructífera relación co mar.

A súa vida literaria está marcada por él, e en parte, polo Gran Sol. Ten participado en varias publicacións colectivas, entre as que podemos
salientar Versus Cianuro (2013); Historias, mitos e monstruos do mar de Galicia (2013); Alén do silencio (2014); Dez anos na porta (2015) ou
Aldeas sen voz (2016). Foi finalista nos premios da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no ano 2015 polo seu primeiro poemario mariñeiro Transfusión Oceánica, e tamén no 2017, co seu libro A relixión do mar, obra que foi premiada na IX edición do premio Victoriano Taibo de poesía (Gondomar).

De novo na casa, Xosé Iglesias, estará acompañado para esta presentación de "Atlántico Norte, chamádeme Ismael", pola alcaldesa Margot Lamela, nesta obra do autor ceense que é unha homenaxe, unha vez máis, a todo o que ten que ver coa nosa cultura mariñeira.

Exposicións

Por outra parte, continúan aberta ata o 14 de outubro as dúas exposición na Casa da Cultura de Cee realizadas en colaboración coa Asociación Ponteceso Cultura Permanente e que levan por título "Nost algia Esculturas", de Santi Collazo; e "Ceo, mar e terra", exposición de fotografía de DrewKorme. 

Comentarios