Venres. 26.04.2024
El tiempo

Catro artistas da Costa da Morte expoñen as súas obras en Carballo

Catro artistas da Costa da Morte expoñen as súas obras en Carballo
"Catálago" é unha mostra na que participan catro creadores e creadoras da Costa da Morte "Catálago" é unha mostra na que participan catro creadores e creadoras da Costa da Morte Carballo segue enchendo a axenda coa súa oferta artística dos Venres Culturais. Nesta ocasión faino cunha nova exposición: "Catálogo". Esta mostra forma parte dun proxecto expositivo de catro creadores e creadoras da comarca, Rosalía Fernández, Chiña, Paco Souto e Mon Lendoiro, que pretenden axitar a vida cultural da Costa da Morte. Sendo a súa premisa a interacción entre as artes, neste proxecto invirten a habitual relación entre ilustración e texto no proceso creativo, sendo aquela xerme e pretexto deste. A exposición poderá visitarse no Pazo da Cultura carballés ata o 29 de marzo de 18:00 h a 21:00h, de luns a domingo e a entrada é libre. Ademais, esta fin de semana continúa a completa oferta teatral do programa coa compañía galega Teatro do Noroeste que presenta hoxe a súa última producción "Palabras Malditas", un espectáculo recén estreado e galardoado cun accésit do Premio Lope de Vega 2014, que traerá ao escenario carballés a dous actores importantes da escena española: Miquel Ínsua e Sara Casasnovas. Baixo a dirección e a autoría de Eduardo Alonso, Teatro do Noroeste porá en escena un espectáculo teatral sobre a amizade e sobre o amor máis alá dos acontecementos na escura España da posguerra. A función comeza ás 21.00 horas no Pazo da Cultura e o prezo da entrada é de 4 € con prezo especial con desconto de 3 € para estudantes e maiores de 65 anos. A cita conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). As entradas poden xa reservarse na Concellaría de Cultura (981 704 300).   Novas relacionadas Fonte

Comentarios