Luns. 13.05.2024
El tiempo

Cee xa ten o ollo nas Festas da Xunqueira

Cee xa ten o ollo nas Festas da Xunqueira
Festas da Xunqueira Cee 2013 Unhas das festas máis esperadas do verán son as Festas da Xunqueira de Cee. Este 2013 chega do 13 ao 18 de agosto, completita de música e actividades. Abrirá a festa Josita Lema co Pregón o martes 13 de agosto no paseo central da Alameda. O mércores 14 tocará a Orquesta Olimpus despois do mítico Grupo de Folk "Os Cempés". Para o día propio da Xunqueira, o xoves 15 de agosto, festivo, teremos actividades todo o día, con pasarrúas, banda de gaitas, sesión vermú coa Canadá, e concertos nocturnos coa Canadá e cunha Noite Sabinera, coa banda de Sabina, sen Sabina pero con Pancho Varona. Ademais, ás 0:00h a gran traca de fotos de artificio, un dos momentos máis espectaculares das festas. Non paran as citas durante a fin de semana, e xa que moitos faremos ponte, o venres 16 teremos actividades todo o día, coa sesión vermú a cargo da Orquesta Abanico e verbena co proxecto "Cantando a Galicia", de Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro. O sábado 19 teremos orquesteo coa Marimba e rollo rockandroll co grupo Riff-Raff e o seu tributo a AC/DC. E pechará as festas un domingo adicado aos máis pequenos cunha gran festa infantil dene as 16:60, amenizada polo grupo de música infantil máis importante do país, Mamá Cabra, ás 20:30 na Praza da Constitución.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios