Chega unha #AxendaCostadaMorte completa de actividades

08:15 11/05/18

Parte meteoróxico
A partir de hoxe agárdase un empeoramento das condicións metereolóxicas debido a un centro de baixas presións que vai estar sobre Irlanda e ten unha fronte asociada que atravesará Galicia ao longo do día. O día estará dominado por ceos grises con choivas de tipo débil e intermitente. O sábado e o domingo notarase unha baixada das temperaturas bastante significativa así que as temperaturas estarán por debaixo dos valores normais para esta época do ano. O ceo estará cambiante ao longo da fin de semana. Mañá sábado alternaranse as nubes e os claros e haberá tres ou catro momentos de choiva e xa o domingo o día estará máis cuberto con choivas de tipo débil e ocasional. No mar haberá momentos de visibilidade reducida cando chova, o mar de fondo chega con ondas de 1 a 2 metros de altura e haberá algo de vento. Ainda así, non serán condicións de alerta.Teatro
- Teatro en Baio. O auditorio de Baio acolle este sábado unha nova representación da III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” . O grupo Ditirambo Teatro Coruña interpreterá a obra "Anónima 18" para maiores de 12 anos. A entrada é de balde.
Sendeirismo
- Andainas “Coñece a Costa da Morte”: Os camiñantes descubrirán este sábado as grandes pedras de Vimianzo que se atoparán de Bamiro a Serramo. Un percorrido lineal de algo máis de 10 quilómetros.
- 9ª Primavera en Ruta. Senda Nova continúa co súa Primavera en Ruta. Esta domingo, percorrerán a costa agreste de Cerqueda e Cambre, en Malpica. Un percorrido duns 17 quilómetros de lonxitude.
Festas
- Festas en Sardiñeiro. En Sardiñeiro celebran esta noite a 4ª festa da amistade co orquesta Tango e a disco móbil Fabrik. Mañá tamén haberá verbena da man do grupo Alborada e da disco móbil Impacto.
- Festas en Brandoñas. En Brandoñas (Zas) están mañá de festa. Na sesión vermú tocará o dúo Charada e pola noite actuarán a Paris de Noia e Mega CDC.
- Festas en Lires. Mañá e o domingo, celébrase en Lires (Cee) as festas na honra da virxe do Socorro.
- Festas de Monte Torán. En Bamiro (Vimianzo) haberá mañá pola noite verbena coa orquesta Trébol e a disco móbil Impacto.
- Festas en Xaviña. A parroquia coristanquesa de Xaviña está esta fin de semana de festas.
- Festas en Arantón. En Arantón (Santa Comba) celebra este domingo as festas de Santa Ana con varios actos litúrxicos e unha sesión vermú amenizada polo dúo Rosan.
- Festas de Vilamaior. A parroquia xalleira de Vilamaior celebra a festas da súa señora.
Outras citas
- Baio ten a pelota. Durante toda a fin de semana, os comercios de Baio farán descontos especiais, nos bares haberá tapas a 1,50 e na rúa postos de artesanía e actividades para os máis pequenos.
- Neghra Sombra no Castelo de Vimianzo. O Castelo de Vimianzo acolle mañá unha cita máxica. Haberá dous escenarios nun espazo incrible como é a fortaleza medieval, e contará cunha chea de estilos diferentes, todos en galego.O Pregoeiro será o mesmo Manuel Rivas, e a música, a regueifa, a poesía e os títeres alteraranse nos escenarios “Rosalía de Castro” e “María Victoria Moreno Márquez”. Grandes da música galega de sempre como Sonoro Maxín, Zënzar ou os Folkólicos, compartirán escenaro coa poesía escénica e Aldaolado, ou da regueifa de Lupe Blanco e Suso de Xornes.A entrada será de balde e haberá postos para comer.
- Conferencia fotográfica en Laxe. O Museo do Mar de Laxe acolle hoxe a partir das 19:00 horas, a conferencia “A fotografía en ambulancia do século XIX en Gaticia: o caso de Santiago de Compostela” impartida polo fotohistoriador Carlos Castelao.
- Mesa-debate sobre a lingua en Corcubión. Dentro do programa "Maio das Letras" - organizado pola Universidade Popular de Corcubión - haberá hoxe ás 20:00 horas no local da entidade unha charla sobre "Presente e futuro do galego" na que estará Marcos Maceiras, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística.
- Curruncho-Pop en Carballo. A biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolle mañá o concerto de Espiño, un músico compostelán que no seu último traballo, “I”, en galego, fai un percorrido polo rock psicodélico e o folk americano.
- Festival de coros infantís en Baio. Chega o XI Encontro de corais infantís e xuvenís de FECOGA, que se celebra este sábado a partir das 19:00 horas na igrexa nova de Baio.
- V festival de baile tradional Pedra Miúdas. A cita coa música e co baile tradiconal é este domingo, a partir das 18:00 horas, en Riba das Eiras, en Lires.
- Concerto-jam session en Muros. A banda muradá Maestro presenta este sábado o novo disco no local da Asociación Praia do Castelo, cunha jam para os artistas locais.
- Exposición de fotografía mariñeira en Malpica. O centro Cívico acolle mañá ás 19:00 horas a presentación da exposición "Movementos das beiras do mar de María Antonia", con fotos de Xosé Iglesias.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- En Stoupa (Cee) pódese ver ao longo deste mes os traballos do pintor Fernando Rei. A mostra pode visitarse de luns a sábado de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)