Costa da Morte, unha das zonas máis virxes de España
A destrución do litoral en toda España segue a ser un dos problemas medioambientais máis graves. Ademais, a nova Leu de Costas que entrou en vigor en maio, moito menos restritiva, permitirán legalizar milleiros de edificacións levantadas sen permisos, e que centos de industrias poidan instalarse en pleno litoral.
Estes días Greenpeace lanza un informe no que repasa esta lei, aporta 10 claras razóns polas que a rexeita, e analiza a situación de destrución do litoral en todo o estado.
Afortunadamente vivimos nunha das zonas menos agredidas de España. E a pesar de todas as nosas queixas, de todo o mal que o levamos facendo nos últimos 30 anos, Galicia e a Costa da Morte é un dos lugares máis virxes de España. A provincia da Coruña está entre as provincias máis virxes con só un 13% de litoral ocupado, por un 67% de zonas como Málaga.
Ademais, na listaxe dos 155 concellos costeiros menos construídos de España (dun total de 500) atopamos Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Carnota e Muros. Só Laxe non forma nesta lista, e supoñemos que será pola estrutura da vila ao longo da praia, pois boa parte do seu litoral segue virxe.
Entre os datos, tamén hai que salientar que Fisterra e Muros están entre os concellos con maior aumento de ocupación nos últimos 18 anos, ambos superando o 30%.
Unha natureza viva e clave
Son datos que nos animan a ver que a natureza, o patrimonio natural, é un dos tesouros que máis temos que conservar. Non temos o clima das zonas máis agredidas, e ese turismo de sol e praia non o imos poder recibir nunca. Pero a xente cada vez demanda máis liberdade, pureza, virxinidade, e aí é onde a Costa da Morte ten o seu potencial.
Propostas como o Camiño dos Faros que abogan por poñer en valor o noso patrimonio natural a través do sendeirismo, témolas que seguir potenciando. O Camiño de Santiago, esa galiña dos ovos de ouro para a comarca de Fisterra; o turismo de autocaravanas... Son tantas as posibilidades que ten a nosa bisbarra se sabemos coidar...
E a protección?
Sen embargo, chama a atención que en materia de protección e conservación efectiva, respecto á franxa de 500 metros de litoral, só temos en Galicia o 3%ª de zonas declaradas Parque Nacional o Natural, cando Andalucía conta cun 25% de superficie protexida. Aí temos camiño por percorrer, e se non que llo pregunten á xente do Monte Pindo Parque Natural.
Riscos
Ameaza Greenpeace, que un dos riscos do cambio climático será o aumento do nivel medio do mar en ata 35 cm, polo que a desaparición de praias será unha das consecuencias de aquí a uns cantos anos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Greenpeace: Destrucción a toda costa.