Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros

Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros
Traski chegou a fin da terra

Aló van. 200 quilómetros, 8 etapas de sendeiros pegados ao mar, para vertebrar a Costa da Morte a pé, disfrutando dunha paisaxe a cada paso. Unha proposta que nacía particularmente e pola rede, e que debería ser aproveitada polas administracións para crear unha ruta ben sinalizada para uso e disfrute de veciños e visitantes. E se non que llo pregunten na Bretaña francesa, que contan cun sendeiro litoral espectacular.

Este pasado domingo, tiña lugar a 8ª e última etapa desta representación real do virtual Camiño dos Faros. Dende hai máis de dous meses, uns 70 trasnos se xuntan a golpe de domingo para percorrer cada etapa, e entre todos fixeron o Camiño. Desta vez, entre Nemiña e o Faro Fisterra, e con xentes vidas de toda Galicia e mesmo de fóra.

Familia de trasnos da ultima etapa do Camino dos Faros

Cómpre sinalar que a dificultade é algo maior nestas 3 últimas etapas, polo que é melor facer a ruta dende Malpica para ir collendo ton físico.
O camiño arrinca dende Nemiña, unha desas praias que alberga unha ducia delas, pois a marea ponlle mil caras. Unha ollada ao sur dá conta do que queda: as praias do Rostro, Arnela e o Cabo da Nave, última punta antes do Cabo Finisterre.
Para cruzala praia e xa chegar a Lires, desta volta aproveitaron a marea baixa e cruzaron a desembocadura do río Castro, aforrando así 4 km de ruta interior, pero estas cousas só se pode facer en verán e con marea baixa.

Os trasnos no Camino dos Faros

Esta é a etapa dos cantís e xa desde o principio. Unha vez pasado Lires e subida a primeira dificultade montañosa éntrase na costa acantilada que nos leva por Punta Mexadoira ata a Praia do Rostro. 2 km de dunas, onde o mar roxe sen parar.

Desde a praia do Rostro, o Camiño dos Faros percorre uns escenarios que mesturan a beleza natural coa importancia histórica desta Costa da Morte. Primeiro chégase a Punta Castelo, panorámica de luxo e lugar onde naufragou o buque Casón o 5 de decembro de 1987. E ao final desta costa acantilada chegamos ao castro de Castromiñán, exemplo de castro marítimo que se atravesa ata o seu cume para poder contemplar outra panorámica aérea de toda esta costa e do seguinte que nos esperaba: a praia de Arnela e o cabo da Nave.

Antes de chegar a el e ante a imposibilidad de unir o castro coa Praia de Arnela, O Camiño dos Faros métese no interior e percorre un tramo de asfalto, pasando polas aldeas de Castromiñán e de Denle, ata chegar a Arnela. Dende aí cómpre subir ata o Cabo da Nave, xa co obxectivo á vista.

Esta última subida é de categoría especial e é a traca final. Desde Mar de Fóra e en contínua subida, chégase a parte oeste do Cabo, a partir da cal comeza unha subida dura, de moita pendente e con terreo pedregoso antes de ver as primeiras vistas do Cabo Fisterra.

Fotos e aplausos para pechar este fermoso Camiño dos Faros que seguramente non esquecerán os máis de 150 trasnos que participaron nalgunhas das etapas. E mais tralo concerto improvisado que Cecilia e Ramón brindaron ás faldas do faro.

Un futuro natural

Así de claro o valora Traski, un dos armadanzas deste roteiro que agora queda á disposición de quen queira disfrutalo:

Logo de realizado este camiño, os trasnos temos clarísimo que o futuro de toda esta franxa costera é conservar intacto o que ten. Atraer xente para as súas poboacións e aldeas pero deixando virxe o resto debese ser o primeiro obxectivo. Un turismo de natureza e responsable sería a consecuencia.
Nós temos claro que entre todos os trasnos abrimos un camiño.

Menudas estampas deixa o camino dos faros

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios