Mércores. 09.10.2024
El tiempo

De ruta pola vía romana

De ruta pola vía romana
Membros de Senda Nova presentaron o roteiro Per Loca Marítima en Couso Membros de Senda Nova presentaron o roteiro Per Loca Marítima en Couso O próximo domingo, día 15, a asocación ambiental Senda Nova organiza un roterio por un tramo da antiga vía romana "Per Loca Marítima" onde os camiñantes descubrirán todos os valores culturais e ecolóxicos. Laura Mariño e Lorena Rojo, deseñadoras do roteiro, e Jose Manuel Menéndez, presidente de Senda Nova, foron os encargados de presentar a ruta o pasado mércores no local social de Couso (Coristanco). Durante a ruta, encadrada dentro do progama IV Outono en Marcha, percorrerase un tramo da antiga vía romana "Per Loca Marítima" ata chegar a través do  antigo Camiño Real a lugares de grande interese como a ponte Lubiáns, o castro de Arixón, o pazo do Rodeiro e a lagoa de Alcaián, entre outros. Durante a presentación do roterio, Senda Nova aproveitou para agradecer ás diversas institucións e aos propios voluntarios e voluntarias da asociación a súa implicación neste ambicioso programa de concienciación ambiental. Os interesados en asistir teñen que inscribirse antes de hoxe ás 19 horas no local de Senda Nova, situado na rúa Venezuela nº 12 de Carballo. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios